Ence, unha industria contaminante, que preme e preme

Fábrica de Ence. / Flickr
Fábrica de Ence. / Flickr
A promesa dunha  inversión  de 395 millóns de euros para Pontevedra si consigue seguir ate 2073 é como comprar vontades ou chantaxe, nada propio dunha empresa nestas latitudes.
Ence, unha industria contaminante, que preme e preme

A empresa de celulosa Ence preme cada vez con máis intensidade para modificar un texto legal que limita concesións en dominio publico marítimo-terrestre a un máximo de 75 anos, prórroga incluínda. Ence, con concesión inicial no 1958, quere permanecer como sexa na ría  ate o ano 2073 e non quere limitarse aos 75 anos da lei que cumpriría no 2033. Para premer retirou desde o 2019 investimentos previstos inicialmente para Pontevedra e levounos para Navia. Despois de entrevistas e conversas sen froito entre a empresa e responsables políticos no Goberno, ameaza agora con “peche inminente”e incluso “traslado a Brasil ou Portugal” si non consigue o que quere e mesmo lanza a traballadores e transportistas a apoiar a empresa ante o Goberno.

A  falta de investimento para solucionar problemas e carencias na empresa, soa a irresponsabilidade e máis si anuncian que pode poñer aínda máis en risco o medio ambiente, e a saúde da poboación. A promesa dunha  inversión  de 395 millóns para Pontevedra si consigue seguir ate 2073 é como comprar vontades ou chantaxe, nada propio dunha empresa nestas latitudes. Ao mesmo tempo podemos preguntarnos si se cumpliu o Pacto Ambiental Xunta-Ence asinado no 2016  que contemplaba compromiso de inversións  de 176 millóns e proxectos asociados en melloras ambientais  (novo ciclo da auga, eficiencia e aforro enerxético, tres centros de bioenerxia...) porque seguramente non se realizaron  ou mesmo alguns proxectos marcharon para fora  de Galiza co silencio da Xunta.  

Para o PP parece que todo vale, o portavoz deste partido en Pontevedra ante a posible marcha de Ence  di que “Pontevedra vai camiño de converterse nun novo Ferrol” e  parece ignorar as afirmacións de anos atrás do Presidente da Xunta que recoñecía  que a localización de Ence non era a máis adecuada . Si non era a máis adecuada que alternativa propuxo  en todos estes anos?. 

Ence tiña unha produción de celulosa  no 1997 de 292.000 t  e no 2020 eran 515.000 t pero esta pasta era para exportación, a Ence nunca lle interesou fabricar aquí papel, cartón, envases... nunha industria de segunda transformación que sempre seria menos contaminante, menos consumidora de auga, xeradora de maior valor engadido e máis postos de traballo. No ano 2020  as emisións na celulosa foron en dióxido de carbono -principal gas de efecto invernadoiro- 81.000 toneladas (t)  ademais de gases acidificantes (842 t de óxidos de nitróxeno, 165 t de compostos de xofre) ; 195 t de partículas; 2,9 t de sulfhídrico, metais... O consumo de auga da factoría superou os 13 millóns de metros cúbicos equivalen ao consumo de cidades como Pontevedra, Santiago e Lugo xuntas, volume que no Pacto Xunta-Ence do 2016 pretendía reducir nun 90%.

A carga contaminante dos vertidos  da fábrica a ría e notable en sólidos en suspensión, demanda de osíxeno, nitróxeno, fósforo... aparte xera 113 t de residuos  perigosos e  39 t non perigosas... @mundiario

Comentarios