Eleccións do 28 de Abril. Tomemos o control!

Congreso de los Diputados. / Facebook.
Congreso dos Deputados. / Facebook

Hoxe en día estamos máis expostos que no ano 2009 a unha nova burbulla financeira, mentres o noso modelo económico continúa pivotando sobre o turismo e o ladrillo: é dicir, empregos de baixa capacitación, precarios, estacionais e que xeran escaso valor engadido.

Eleccións do 28 de Abril. Tomemos o control!

Non, non! Renderse non é opción!

Teremos sempre a forza

necesaria para Vencer!

Forza e afouteza necesarias para Vencer!

Ruxe Ruxe - Afouteza

O 28 de Abril non imos vivir simplemente unhas eleccións, senón que imos decidir o modelo de Estado das vindeiras décadas. Poden darse varios escenarios posibles: en primeiro lugar a victoria do bloque reaccionario, conformado polas tres dereitas, cada cal máis extrema. En segundo lugar, novas eleccións. En terceiro lugar, e como lle gustaría aos grandes poderes do Estado, un gran pacto de extremo centro (o peor extremo de todos) entre Ciudadanos e un PSOE ao gusto de Felipe González. Por último, existen dúas opcións que case sempre se disfrazan dunha soa: un goberno de cambio no que Galiza non exista ou un goberno de cambio no que Galiza teña un papel estratéxico no futuro do Estado.

Nesta última posición é na que se sitúa En Marea. Porque non esquecemos o 15M, non esquecemos á mocidade que inundamos as prazas durante semanas amosando a nosa indignación, a nosa rebeldía ante unha crise que serviu de excusa para tronzar o noso futuro mentres os verdadeiros culpables da desfeita económica posterior ao 2009 mantiñan uns beneficios record. Tampouco esquecemos á mocidade que nun novo 15M este ano, no Friday For Future, se manifesta porque queremos preservar o noso planeta, porque non temos un Planeta B.

Porque hoxe en día volvemos ao crecemento económico, un crecemento económico que simplemente aumenta a riqueza dos máis ricos, pero empobrece aos máis pobres. Por primeira vez en décadas ser traballador non garante non ser pobre. E con salarios de miseria, tamén se nos condena a pensións de miseria. Por iso son fundamentais novas políticas económicas expansivas, a derrogación da infame reforma laboral, a fixación da suba das pensións en base ao IPC e a contratación pública orientada aos servizos públicos, especialmente á sanidade, educación e dependencia.

Tampouco podemos dar un paso atrás contra a degradación das nosas liberdades individuais. Titiriteiros detidos, rapeiros exiliados, humoristas ante a Audiencia Nacional e cantantes xulgados por facer retweets amosan un panorama desolador. Por iso é precisa a derrogación inmediata da Lei Mordaza e a garantía do cumplimento efectivo da liberdade de expresión, cando hoxe en día nos camiñamos perigosamente e novas formas de censura.

E en todo este contexto, Galiza ten moito que dicir. Non somos un país subsidiado nin subalterno a nada nin a ninguén, non somos periferia. Na reconfiguración do Estado Galiza ten que xogar un papel fundamental como motor económico do Eixo Atlántico, unha potencia no Suroeste europeo.

Por iso é fundamental establecer mecanismos para o noso desenvolvemento, dunha banda mediante a vertebración interna do territorio, co ferrocarril como medio de transporte fundamental. En segundo lugar, mediante políticas públicas decididas que axuden ao desenvolvemento económico do noso país e á fixación de emprego no territorio. O drama da emigración é unha hemorraxia que temos que ser capaces de frear, e isto pasa por mellorar as condicións laborais actuais e a transformación do noso modelo produtivo. A Xeración Xabarín parecemos destinados a ter que ser unha Xeración comunicada por Skype coas súas familias. Por iso propoñemos un Plan Retorna que axude a volver á nosa xente que se viu obrigada a marchar, porque estamos vivindo unha fuga de cerebros, pero non unha fuga de corazóns.

Por desgraza, hoxe en día estamos máis expostos que no ano 2009 a unha nova burbulla financeira, mentres o noso modelo económico continúa pivotando sobre o turismo e o ladrillo: é dicir, empregos de baixa capacitación, precarios, estacionais e que xeran escaso valor engadido. Mentres tanto, desmantélanse importantes centros industriais e impídese o desenvolvemento de políticas de I+D con impacto real na nosa economía. Por iso reivindicamos un plan de choque no financiamento á investigación e desenvolvemento, que permita transformar a nosa matriz produtiva e facela menos dependente do turismo e a construción.

O vindeiro 28 de Abril #TiDecides, a existencia dun goberno de persoas grises que queren un país gris, ou a contribución dende Galiza para un ilusionante cambio político no Estado. @mundiario

–––––––

Adrián Dios Vicente é candidato como nº 5 ao Congreso dos Deputados e Deputadas pola provincia da Coruña por En Marea.

Comentarios