Buscar

Anuario 2018: A economía crece pero mantéñense algunhas precariedades

Presentado o Anuario 2018 do Foro Económico de Galicia, unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Alerta do "problema serio a longo prazo" que suporá a emigración de mozos galegos e insta a "tomar medidas hoxe" para que poidan notarse os efectos "en 2030".

Anuario 2018: A economía crece pero mantéñense algunhas precariedades
Santiago Lago, Fernando González Laxe, José Luis Gómez, Emilio Pérez Nieto e Francisco Carballo. / Foro Económico de Galicia
Santiago Lago, Fernando González Laxe, José Luis Gómez, Emilio Pérez Nieto e Francisco Carballo. / Foro Económico de Galicia

Firma

Tatiana Ferrín

Tatiana Ferrín

La autora, TATIANA FERRÍN, es hispano-venezolana y tiene más de 10 años de experiencia en medios digitales. Trabajó en diarios de Caracas (Venezuela) y Miami (Florida, EE UU) y ahora escribe en MUNDIARIO, donde también coordina la edición GALICIA y el área de Política. @mundiario

O presidente do Foro Económico de Galicia, Emilio Pérez Nieto; o seu director, Santiago Lago Peñas; e o catedrático Fernando González Laxe, presentaron nas instalacións do Club Financiero Atlántico da Coruña o Anuario 2018, que avala o crecemento da economía pero advirte de que se manteñen algunhas precariedades.

Na súa terceira edición, o Anuario do Foro Económico de Galicia, editado polo xornalista José Luis Gómez, afonda os grandes asuntos económicos de Galicia e o seu entorno –“o crecemento é similar en Galicia e no conxunto de España”–, e da cabida as aportacións de profesores das universidades da Coruña, Santiago e Vigo.

A pesar dos progresos, que tamén se producen, España arrastra o maior déficit público da Unión Europea, a súa recadación fiscal é das máis baixas da zona euro e o investimento público está en mínimos históricos, ao non chegar ao 2 % do PIB, como salienta o profesor Xosé Carlos Arias, catedrático da Universidade de Vigo.

O Anuario tamén aborda o contexto internacional. As guerras comerciais non lles conveñen nin a EE UU nin a China, segundo a tese de Fernando González Laxe, catedrático da Universidade da Coruña. “Os principais efectos das mesmas, reflectidas en incremento da inflación como en políticas fiscais, farían subir os tipos de interese, interrompendo abruptamente a recuperación e xerando un novo shock financeiro”, explica este autor.

O Foro Económico de Galicia alerta do "problema serio a longo prazo" que suporá a emigración de mozos galegos e insta a "tomar medidas hoxe" para que poidan notarse os efectos "en 2030", segundo precisou Santiago Lago.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica. Un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @galiciamundiari