Dulce García: "Ata os propios alcaldes se queixan de falta de información"

Ilustración da serie de entrevistas sobre a cobertura da Covid-19. / CPXG
Ilustración da serie de entrevistas sobre a cobertura da Covid-19. / CPXG
“Falla o acceso aos datos e tamén a lugares, en certa medida pola incapacidade ou o desinterese dos medios”, segundo di Dulce García na serie de conversas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) con xornalistas que traballan na cobertura informativa da Covid-19.
Dulce García: "Ata os propios alcaldes se queixan de falta de información"

Dulce García traballa na Televisión de Galicia desde 1986. Desenvolveu diferentes tarefas na redacción e, ao longo dos últimos 20 anos traballou no equipo dun dos informativos máis veteranos da grella da Galega, o Galicia Noticias, un espazo para as noticias de proximidade, onde continúa na actualidade. Desde o inicio da pandemia boa parte do cometido desta xornalista está sendo informar sobre os datos diarios da enfermidade en Galicia e nas distintas áreas sanitarias.

– É complicado afondar na información de proximidade no que aos datos da pandemia se refire?

– É unha tarefa moi complicada e, como se está vendo, imposible en moitos casos. Os datos xerais son accesibles. O gabinete do Sergas envíaos aos xornalistas poucos minutos antes de colgalos na súa web, onde os pode consultar calquera. O problema xorde cando se trata de obter os datos de concellos, o que resulta imposible coas fontes da Xunta. Ata os propios alcaldes se queixan de falta de información. Algún dato, como o de defuncións, trasládase a través de Whatsapp a teléfonos escollidos, e non se facilita esa información nas notas de prensa. Ata mediados de outubro a Xunta tampouco facilitou o número de positivos novos diarios. Ata agora había que facer un cálculo contando as altas, os casos activos e as defuncións. E aínda así as cifras non cadran. No meu caso, ao traballar para un informativo do mediodía, moitos días a información oficial chegou tarde... datos que estaban pechados desde a tarde anterior non se comunicaban antes das 14 horas. Por outra parte, hai unha gran disparidade no acceso a información entre as distintas áreas sanitarias, nalgunha facilitan uns datos que noutras non están dispoñibles e ao revés. @mundiario

Comentarios