Domingo de pascuilla en Padrón: un Paseo do espolón sin xente

MF3-A014
Paseo do Espolón. / JRB

En Padrón chamase Domingo de pascuilla ó domingo seguinte ao da pascua, día no que o Concello de Padrón homenaxea os padroneses que viven fora da fermosa vila.

Domingo de pascuilla en Padrón: un Paseo do espolón sin xente

Despois de deixar Padrón miña nai sempre quixo que estiveramos no día da pascuilla... era o día dos "pascueiros", os padroneses que viven fóra, recordo que a CJCela tamén lle gustaba vir ese día.

Os meus pais visitaban os seus curmáns e outros parentes, daban unha xira pola igrexa e o paseo do Espolón. Lembro ir todos os anos cos meus pais e os meus irmáns e falar con sor Concepción e cos amigos que quedaron alí ... Despois levamos aos meus tres fillos, que tiñan plans para mercar moitos xoguetiños ... Lembrei a tómbola de Manolo , os cabaliños, o tiro de pichón... Paseo pola fermosa vila recordando xente, cousas, facendo fotos e buscando algún coñecido.

Pasan os tempos, a última vez que fun cos meus pais e coa miña irmá Angeles, na Semana Santa de 2003, fixemos unha foto coa Irmandade dos Fillos de Padrón: alí estamos á esquerda de Camilo e Masito.

Volvín na Semana Santa de 2014 (estou de vermello), os meus pais xa non están, os fillos están a outra cousa, pero sempre disfruto da pascuilla, cos poucos parentes que me quedan, cos amigos de antes, cos amigos de agora, e todos me acollen. Padrón é unha cidade moi acolledora cos pascueiros.

O domingo recordarei a moita xente da miña fermosa vila, das pasadas pascuillas con Victoria, Carmen Silva, ca tía Marcelina, con José Manuel e con tanta xente que nos recibeu. Unha aperta a todos e disfrutade do derradeiro día da Pascua, que non se pode celebrar no ano 2020. @mundiario

Comentarios