Diego Calvo, proclamado candidato único pola comisión do congreso do PP provincial da Coruña

Alberto Núñez Feijóo y Diego Calvo. / Mundiario
Alberto Núñez Feijóo y Diego Calvo. / Mundiario
Os afiliados rexistrados poderán presentar a súa solicitude para optar a unha das prazas de compromisarios dende o 28 de agosto ata o 8 de setembro
Diego Calvo, proclamado candidato único pola comisión do congreso do PP provincial da Coruña

A comisión organizadora do 16º congreso dos populares da Coruña proclamou oficialmente a Diego Calvo Pouso como único candidato á presidencia do Partido Popular da provincia da Coruña, tras ser avalado por 2.025 afiliados.

O pasado luns, Diego Calvo, que tamén é vicepresidente do Parlamento de Galicia, presentaba a súa candidatura para liderar outros catro anos a formación na provincia da Coruña, asegurando que se presenta con gañas de “seguir sumando para seguir facendo todavía máis forte o partido” coa incorporación de novas persoas que permitan á súa formación afrontar con garantías os próximos retos electorais.

Ademais, o comité organizador do congreso que terá lugar o 25 de setembro anunciou tamén que, desde o 28 de agosto e ata o 8 de setembro, os afiliados rexistrados poderán presentar a súa solicitude para optar a unha das prazas de compromisarios. Posteriormente, o 14 de setembro, celebraranse asembleas para a elección dos nomes definitivos de cada un dos compromisarios nos municipios, sempre que haxa máis solicitudes que prazas adxudicadas.

Por último, a comisión organizadora determinou que aquelas persoas que queiran tomar parte no congreso provincial como compromisarios deberán formalizar a súa solicitude nas súas respectivas sedes locais ou a través da páxina web www.ppcoruña.es, onde poderán descargar os impresos necesarios. @mundiario

Diego Calvo, proclamado candidato único pola comisión do congreso do PP provincial da Coruña
Comentarios