Un día perfecto para un home elegante

Bautista Álvarez. / nationalia.cat
Bautista Álvarez. / nationalia.cat
Texto adicado a Bau, a Bautista Álvarez (1933-2017), un home elegante: no espìritu, no raciocionio, na conduta cos amigos e cos enemigos, nas analises, nos gostos e na imaxe. Foi escrito no seu 80 aniversario, en marzo de 2013.
Un día perfecto para un home elegante

Procedemos todos de tribus labregas ou mariñeiras –algún verso solto de clase parasitaria ou deprededadora, é eso solto– e o grande salto que acompañou o despertar de Galiza na segunda metade do século XX foi protagonizado, vivido e sofrido por Bautista.

Cando Bau chegou a Madrid os círculos de compatriotas que recoñecían seren galegos lustrabanse co capelo de artistas: era para convivir, dende ese status esclusivo, coa acepción de “gallego”= mozo de cuerda, do diccionario español oficial. Bautista foi galego, loitador pola democracia,antifranquista e de novo galego nacionalista.

Aí tamén concebíu o que sería unha grande conquista: a capacidade organizativa superior dun partido político propio. E así naceu o noso.

Pero non era un partido calquera. Non o foi. Obediencia, diseño, organización, ideario propios. Mellor dito exclusivos. Mellor dito feitos a medida. Non había modelos, había inspiración. Ninguén alleo escribeu o guión dos actos do partido, e ninguén do exterior debía facelo. Ningúen tampouco debía estar por riba como individuo do interese da organización concebida ésta como instrumento e non como fin en sí mesma. Só se contaba cos medios propios: traballo, traballo ben feito, traballo creador e cuidador ben feito, e xenerosidade nascida da intelixencia daquel que sabe que como ser humano non poderá liberarse él só nun país de miseria física, intelectual, espiritual e moral.Aí só viven os parásitos que pretenden chegar por medios bastardos a lugares que por mérito e traballo propio nunca chegarían: aprendín de Bau que ter poder non é chegar ás institucións políticas existentes, senón ter capacidade social e política para determinar os acontecimentos que marcan o devir histórico dun país.

E criouse, criamos medios políticos propios, falamos moito, moítisimo organizadamente con criterios internos modernos en correspondencia cos tempos que vivía o mundo capitalista desenvolvido. A transparencia dos debates era un mecanismo acaído de limpeza e autocontrol.

Aprendimos de Bautista que só a solvencia intelectual, conseguida co esforzo propio, é garantía de posuir un outro instrumento de combate: ideas propias, utopía propia querencias propias, cultura propia: desenvolverse desde dentro do país, primeiro a nación, coa nación e desde a nación. A dignidade que se practica mirando ao frente e como igoal a calquer ser humano da terra: nen deus, nen tribuno, nen rei. Calquer ser humano é só eso un conxére e os seres humanos con poder teñenno porque os outros llelo prestamos. O dito un home elegante. Un home político brillante.

Bau razoa de forma brillante, ilustrada, erudita, sen veos de mixtificación e axusta en cada plano as distintas razóns posibeis sabendo de novo que non hai razón practica nen instrumental que vaia se o que se pón en cuestión é unha razón esencial ou histórica. Os pasos mal dados as decisións débiles derivanse en consecuencias do mesmo calibre. A corto prazo non hai volta atrais.

Bau é elegante porque non ten medo. Con Bau non hai medo a nada. Consciencia toda, analise o necesario, decisión e peito ao feito. Sempre para adiante. Lamentos e culpas non existen porque na dialéctica marxista non ha lugar para valoracións de débito individual.

E non digo nada do presente. Só traio aa acordo algo que nunca che dixen. Cando naceu Clara, regalechesme unhas flores violetas preciosas. Ao poñelas nun xarrón, destinguiron. Hai 20 anos, houbo desde aquela moitas flores pero tamén moito destinguido. Nin o sabíamos, nen sabendoo, todos o interpretaron igoal. Eu prefiro quedarme coa túa ensinanza vital: imos marcar camiño a lume lento desde dentro e desde o fondo, porque seguimos querendo cambiar o país para que os galegos vivan mellor aquí ou onde queiran pero non cómo e onde nos manden. @mundiario

Comentarios