Buscar

Día das Letras para Antonio Fraguas, que vía en Galicia unha terra e unha cultura

Coñecendo a súa humildade, don Antonio non estaría moi entusiasmado con que lle adicaran o Día das Letras Galegas, pero a súa vida e a súa obra foron un compromiso con Galicia. Un exemplo para os galegos de hoxe que ogallá saiban recoller as xeracións futuras.

Día das Letras para Antonio Fraguas, que vía en Galicia unha terra e unha cultura
Antonio Fraguas. / Mundiario
Antonio Fraguas. / Mundiario

Firma

José Castro López

José Castro López

El autor, JOSÉ CASTRO, periodista, es columnista de MUNDIARIO. También es comentarista de radio y televisión. @mundiario

Don Antonio Fraguas –protagonista este 17 de Maio do Día das Letras Galegas– semellaba ser un paisano ilustrado, pero na realidade era un galego exemplar, tan humilde nas súas formas como erudito nos seus saberes. Coñecin a don Antonio na vella Facultade de Letras da USC un día de outono sendo alumno da asignatura que él impartía e a miña primeira impresión, eso que Edwar Thorndike chama “efecto halo”, que se consolidou o longo do curso, foi que tiñamos diante a un profesor que semellaba ser un paisano ilustrado. 

A súa humanidade e o seu proceder eran unha lección práctica de bós modales, de respeto e tolerancia a tódalas ideas. Por eso é máis indignante que persoa tan íntegra e bondadosa fora represaliada pola crueldade da dictadura, unha etapa moi dura da súa vida que anos despois recordaba sen rencor.

Asistir as súas clases era una delicia. Sobre todo cando nos permitía “desviarnos do programa” para preguntarlle sobre aspectos da historia, da antropoloxía ou da etnografía e folclore de Galicia, a asignatura que él levaba na súa cabeza.

Tiven a satisfacción de que aquela primeira relación profesor-alumno continuara despois durante anos e considérome un privilexiado por ter botado con él longas parrafadas sobre as vellas tradicións e arraigadas costumes do noso pobo; por escoitar os seus relatos sobre as festas e romarías, sobre os maios ou sobre os vellos oficios que xa iban desaparecendo naquela Galicia que valoraba máis o pragmatismo e a utilidade das cousas “de fábrica” que as do mundo artesán.

Un, que naceu nunha aldea, imaxinaba a don Antonio recreando a Galicia nas vellas lareiras, nas noites da esfolla do maínzo, nos días das mallas ou falando cós campesiños e mariñeiros, canteiros e carreteiros para recoller cantigas, ditos dos vellos ou a súa xerga peculiar.

Antonio Fraguas. / MundiarioAntonio Fraguas. / Mundiario

Ó seu carón, no salón das sua casa chea de libros –Doctor Teijeiro, primeiro, e Montero Ríos, despois– ou paseando polas rúas de Compostela aprendín a gran lección de amar á Galicia que él describeu –nunha entrevista firmada por Benxamín Vázquez para a revista Outeiro que eu dirixia– como “unha terra, unha alma, unha cultura, unha onda oceánica que nos leva lonxe, moi lonxe, quizais ó infinito”.

Pleno acerto o da Academia adicando o Día das Letras a este galego eminete. Ainda que, coñecendo a sua humildade, non estaría moi entusiasmado porque, decía, “eu non fixen ningún milagre como para pregoalo por ahí adiante”.

O milagre, don Antonio, son a súa vida e a sua obra comprometidas con Galicia. Un exemplo para os galegos de hoxe que ogallá saiban recoller as xeracións futuras. @mundiario