Axudas para os afectados de Tui por valor de 7 millóns de euros

Heriberto García Porto, director do Instituto de Vivenda e Solo. / TVG
Heriberto García Porto, director do Instituto de Vivenda e Solo. / TVG

Os prazos de recuperación das vivendas dependerán dos tempos establecidos polos propios afectados.

Axudas para os afectados de Tui por valor de 7 millóns de euros

O programa Bos Días da TVG recibiu este luns a Heriberto García Porto, director do Instituto de Vivenda e Solo, que abordou, na súa entrevista con Marcos Sueiro, a situación con respecto ás axudas para os afectados da explosión en Tui. García Porto explicou, en primeiro lugar, que se ofrecerán catro tipos de axuda para os afectados. Por unha banda, axudas especiais para os orfos, fillos dos dous falecidos na explosión, e axudas para reconstruír e mesmo construír novas vivendas. Así mesmo, tamén sinalou que habería subvencións para explotacións agrarias e por último para establecementos turísticos e comerciais.

Serán arredor de sete millóns de euros os que se destinarán aos afectados, unha cantidade que, segundo o director do Instituto de Vivenda e Solo, “podería incrementarse de ser preciso”, ademais dun fondo de urxencia de un millón de euros. García Porto detallou que corresponderían “ata 126.000 € se a vivenda era de uso permanente e 49.000 € se era secundaria ou ocasional” e tamén que hai 31 edificacións “que non poden ser recuperables” e 75 con danos que requiren reparacións de envergadura.

O director do Instituto de Vivenda e Solo manifestou que o obxectivo que se persegue é eliminar na medida do posible os trámites e axilizar os procedementos, “para que os afectados poidan recibir os cartos o antes posible, sen adiantar nada”. Tamén sinalou que a “A Xunta non vai deixar desprotexido a ninguén, teña ou non teña seguro”.

Para rematar, Heriberto García Portosinalou que os prazos de recuperación das vivendas dependerán dos tempos establecidos polos propios afectados, pero que se garantirá que” os medios e axudas estean dispoñibles dende xa mesmo”. @mundiario

Axudas para os afectados de Tui por valor de 7 millóns de euros
Comentarios