Desmontando Land Rober: Os espectadores descubrirán quen son os artífices do éxito deste programa

Roberto Vilar. / TVG
Roberto Vilar. / TVG

Produtores, técnicos, guionistas e o propio Roberto Vilar contarán como se producen os mellores momentos, as dificultades para realizar o show, os seus convidados favoritos e moito máis.

Desmontando Land Rober: Os espectadores descubrirán quen son os artífices do éxito deste programa

O programa da Televisión de Galicia ‘Land Rober Tunai Show’, que a semana pasada se despediu por vacacións, volveu acadar unha tempada máis moi bos datos de audiencia e a fidelidade do seu público. Pero quen é a cabeza pensante de todo isto? Quen se encarga de conseguir os/as mellores convidados/as que fan isto posible? Quen descobre esas noticias tan peculiares do comezo? Roberto Vilar é a cabeza visible deste show televisivo, pero detrás das cámaras traballa un gran equipo que hoxe coñecerán os espectadores en ‘Desmontando Land Rober’.

Os creadores de Casa Dosinda, os encargados de escoller as palabras do ‘Que me estás contando’, os responsables de poñerse en contacto con Feijóo ou Ramón García e mesmo aqueles que lograron enganar o propio Roberto para que xogase ao ‘Ti quen ves sendo’ contarán como chegan eses momentos, as dificultades de facer un programa coma o seu, os seus convidados favoritos e moito máis.

Detrás das cámaras, o ‘Land Rober’ ten todo un equipo que fai posible que case todo poida suceder e hoxe en ‘Desmontando Land Rober’ produtores, técnicos, guionistas e tamén Roberto Vilar farán balance dunha temporada chea de éxitos. @mundiario

Comentarios