Desenvolvemento Rural non ten claro que sexan unhas 2.000 as aldeas despoboadas de Galicia

Reunión del Foro Económico de Galicia en Casal de Armán. / Mundiario
Reunión do Foro Económico de Galicia en Casal de Armán. / Mundiario
Feijóo falara de que a idea inicial é chegar a integrar nunha aplicación uns tres mil núcleos, dos cales 1.900 terían en torno a dez vivendas.
Desenvolvemento Rural non ten claro que sexan unhas 2.000 as aldeas despoboadas de Galicia

A directora xeral de Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé Riveira, asegurou no Foro Económico de Galicia, celebrado en Casal de Armán (Ourense), que non ten claro o número exacto de aldeas sin habitantes de Galicia e, a preguntas de MUNDIARIO, non dou por válido que sean unhas 2.000. Tampouco concretou si a Xunta propiciará que sexan ocupadas por residentes en Galicia ou por inmigrantes, xa que na súa opinión Agader debe limitarse a "crear as condicións".

Segundo anunciara xa a finais de 2020, o Goberno galego traballaba daquela na posta en marcha dunha plataforma dixital na que tiña previsto envorcar públicamente información dos núcleos rurais abandonados para facilitar así a compraventa de propiedades e promover a súa dinamización e rehabilitación. A idea inicial é chegar a integrar na aplicación uns tres mil núcleos, dos cales 1.900 terían en torno a dez vivendas. "Do que se trata é de ofrecer datos de interese, como a superficie, fotografías e ou prezo", porque o obxectivo final é poñer en contacto aos donos con persoas interesadas en vivir ou activar negocios no rural, explicou o propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, trala reunión dun consello. "Imos ter boas noticias", vaticinou xa daquela Feijóo, convencido de que facer fluír esa información redundará en melloras para os municipios e vantaxes para os cidadáns.

A  directora xeral de Agader tamén presentou o proxecto para a recuperación e posta en valor de terras, unha iniciativa estruturada en dous eixos: a dixitalización do medio rural e a formación dos axentes económicos.

A formación profesional no rural

Pola súa banda, o presidente do Foro Económico de Galicia, Emilio Pérez Nieto, fixo fincapé en Casal de Armán na falta de formación especializada no rural de Galicia, xa que “o campo está ausente da formacion profesional, os gandeiros e agricultores non teñen a formación necesaria, cunha clara fenda entre zonas urbanas e rurais.”

Con todo, unha conclusión desta reunión de expertos do Foro Económico de Galicia é que algo está a cambiar no medio rural. En Galicia, os recursos ambientais, así como boa parte do patrimonio cultural, concéntranse no ámbito rural, e só isto supón un dinamismo que se viu acrecentado pola pandemia da Covid-19. Parece evidente que a transición demográfica introduce o desafío de acelerar os procesos, entre eles  o da transición ecolóxica, que está dirixida claramente cara ao medio rural. As novas estratexias na competencia internacional traballan con variables de desenvolvemento económico equilibrado do que volverán formar parte zonas ata hai pouco esquecidas. Tamén a dixitalización e o impulso da economía sostible abren un  novo escenario con claras oportunidades de crecemento.

Pero a lista de carencias nunha xestión coherente do rural en comparación ao urbano é extensa. A primeira é a derivada dunha organización da  gobernanza  multinivel desconectada e ineficiente. A  superposición administrativa de políticas públicas, normativas, incentivos, etcétera provoca unha xestión ineficiente. De aí a primeira recomendación dos expertos reunidos en Casal de  Armán: a necesidade dun cambio de paradigma do modelo de toma de decisións que permita  adoptar técnicas adecuadas que permitan obter a maior eficiencia para o mundo rural.

Asistentes a xuntanza do Foro Económico de Galicia en Casal de Armán. / Mundiario

Asistentes a xuntanza do Foro Económico de Galicia en Casal de Armán. / Mundiario

O caso de Escocia

Un dos expertos convidados en entidades locais, Serafín Pazos Vidal, responsable de política europea dá Convención de Autoridades Locais  Escosesas (COSLA), explicou o exemplo de  Escocia, un territorio moito mais grande que Galicia pero con menos  concellos que a miúdo se sinala como caso de  éxito. Pazos matizou  que a mellora na xestión non estriba no número de  concellos senón da repartición de competencias. Trátase   de equilibrar o tamaño do  concello coas competencias que pode xestionar e tamén das fórmulas de financiamento dos servizos.

Tamén a fusión de concellos como fórmula para mellorar a xestión de servizos aos cidadáns, foi comentada no Foro de Casal de Armán. Ao respecto a director do Foro Económico, Santiago Lago, afirmou que non cree que as fusións xeralizadas e obrigatorias sexan a panacea para a xestión municipal. “Hai que ser pragmáticos e analizar caso a caso”, propuxo.

V Reunión Casal de Armán

Á V Reunión Casal de  Armán, un encontro baixo a coordinación da profesora da USC, María Cadaval, asistiron unha trintena de expertos en entidades locais, desde o ámbito académico (Santiago Lago, Mar Pérez  Fra, da Universidade de Vigo e da USC),  á xestores públicos (Elena Candia, ex alcaldesa de Mondoñedo e deputada do Parlamento de Galicia,  María González-Albert, ex alcaldesa da Rúa e deputada do Parlamento de Galicia,  Inés  Santé, directora xeral de Agader, e Xaquín Fernández Leiceaga, senador ) e axentes que traballan no mundo local como Xosé Lois Lamazares, de  Daveiga, e Antonio Rodríguez Corbal,  do  CDR o Viso. O evento foi pechado polo membro do Foro e profesor de economía Edelmiro López Iglesias.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica.  Un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario

Comentarios