Desapareceu do debate a necesidade de unificación de concellos?

Sede de la Diputación de A Coruña.
Sede da Deputación de A Coruña.

Non oímos nada acerca do papel reduplicado, e polo tanto redundante, das deputacións provinciais. Para cando a súa desaparición pola absorción da Xunta?.

Desapareceu do debate a necesidade de unificación de concellos?

Votar, votamos… sen saber a quen botaremos. Porque diso se trata, non? Uns entran e outros saen, ou diminúen en número, aumentando os outros, xa que é un xogo de suma cero, porque salvo un sismo, non é esperábel que cambie o mundo: ha seguir o seu curso como se do curso dun gran río se tratase. Apoiamos esta lacónica –mesmo cortante– aseveración no exame do oferecido e demandado en campaña.

Desapareceu do debate a necesidade de unificación de concellos, a necesidade de modernizar/profesionalizar a xestión municipal de acordo cos standares do século XXI, a adecuación das leis de funcionamento municipal ás necesidades e capacidade técnicas actuais, a cobertura de necesidades dunha poboación de moita idade, os beneficios da agrupación de servizos en grandes áreas habitacionais en lugar de afondar no localismo, a racionalización dos programas de urbanismo en busca dun país cohesionado en lugar da dispersión desagregante.

Non oímos nada acerca do papel reduplicado, e polo tanto redundante, das deputacións provinciais. Para cando a súa desaparición pola absorción da Xunta?.

Aínda estamos á espera de que a Xunta de Galiza acorde cos Concellos un deseño de plans estratéxicos para unificar servizos que sexan asumíbeis conxuntamente, mesmo no caso dos inmigrantes.

Non atopamos nos programas nin nas ofertas eleitorais propostas de acción na procura da igualdade material de homes e mulleres que conforman a cidadanía deste país xa que proclamar que un partido político é feminista mesmo soa a chanza pesada.  En resumo, aínda que as expectativas fagan aumentar a ansiedade de cambio, as propostas non se baseaban no seu anuncio senón na orientación do voto cara a cada forza intervinte. Por esta razón observamos que, en primeiro lugar, as votacións desenvolvéronse –isto é unha especie de mantra que recitan os que valoran os procesos eleitorais– sen ningún incidente.

En realidade esperar incidentes nas eleccións é igual que esperar pola Garda Civil nunha festa. Non sabemos a que pode obedecer, rutina á parte, pero sempre se escoita. En segundo lugar nesta ocasión produciuse un acordo xeneralizado en esperar que se produzan cambios fortes nos gobernos das cidades. É dicer: as expectativas de cambio son moi altas, xa que os cambios que se deriven dos producidos nos comicios municipais en todo o Estado van contribuír á consolidación, nun caso, e á disgregación noutro, dos partidos estatais, PSOE e PP,  que, até hai ben pouco, se repartían a modo de alternancia do século XIX, o goberno de España. E tamén van contribuír de forma  directa a planificar un futuro inmediato como partidos políticos con vocación de permanencia ou de desaparición aqueles que non facendo caso da recomendación en plena crise do señor Raxoi gastaron máis do que tiñan e fican ben endebedados.

O primeiro cambio observado é a multiplicación de forzas políticas presentes no ámbito tradicional da dereita e da esquerda estatal: van ter –á forza– que aprender a pactar. Terá que nacer unha nova forma de facer acordos de goberno cunha cultura de pacto  máis perto  do respecto mutuo, da colaboración, do entendemento, e non da política de  combate permanente co adversario.  Na busca do voto en campaña –como a campaña de venda dunha mercadoría– deberemos ter en conta as dúas compoñentes desa mercadoría: unha material e unha outra simbólica.

E nese campo xogou moi a favor da esquerda estatal a constelación de desexos urdidos perante a crise, porque a xestión da política de austeridade así como a  distribución en desigualdade da carga de empobrecemento xerada  pola mesma, criaron esperanzas na política do candidato do PSOE e das súas candidaturas para gobernar con determinación esta etapa, do mesmo modo e maneira que conseguiu a secretaría xeral no seu partido. @mundiario

Comentarios