En decembro a TVG emitirá en alta definición

La nueva Redacción de la TVG. / CRTVG
A nova Redacción da TVG. / CRTVG

Presenta as primeiras imaxes da súa nova redacción dixital, o corazón dun proxecto de 15 millóns de euros con preto de 1.000 traballadores.

En decembro a TVG emitirá en alta definición

A CRTVG presenta a súa nova estrutura dixital, un proxecto de 15 millóns de euros que pon aos medios públicos galegos na vangarda tecnolóxica europea, segundo a compañía. Todo chega logo de 3 anos preparación que someteron á CRTVG a cambios legais e de organigrama.

Esta semana foi presentada a nova redacción dixital, o corazón dun proxecto que cambia por completo a filosofía de traballo do ente para adaptarse ás novas tecnoloxías e ás novas realidades de consumo televisivo, especialmente a nivel informativo. Un esquema que dota de máis axilidade aos medios públicos e máis canles para comunicarse coa audiencia. A CRTVG conta a día de hoxe cun plantel de preto de 1.000 traballadores  e é o principal soporte da industria audiovisual de Galicia. 

Este mes de setembro está a ser o mes da implementación tecnolóxica polo que os espectadores verán programas e informativos en platós diferentes aos habituais, xa que o proceso de transformación estase a facer en paralelo, sen paralizar a emisión. 

En decembro de 2018 a TVG comezará a súa emisión en alta definición (HD) da primeira canle que simultaneará coa súa emisión en SD para chegar a todos os fogares. Este será o paso previo para o salto a FULL HD previsto para 2019.

En 2019 a CRTVG lanzará a súa propia  OTT 2.0 unha versión xa de segunda xeración no mundo das OTT (Over the top) que servirá de escaparate para todos os contidos habituais e máis as novas canles que sumará a CRTVG ao redor deste nova aposta de crecemento e desenvolvemento do servizo público. Entre as múltiples posibilidades que ofrece esta nova vía de comunicación, a CRTVG traballa para que as dúas primeiras canles específicas sexan, unha educativa e outra de deporte, ambas verán a luz no 2019.

A primeira será unha canle de formativa especialmente dirixida aos rapaces e contará tamén en paralelo cun proxecto de análise de big data sobre os modelos de consumo dixitais; a segunda é un proxecto para que a CRTVG canalice e sirva de escaparate -na máxima calidade de imaxe que ofrece o mercado- para deportes que ate e agora tiñan unha cabida menor nas canles convencionais de televisión como o deporte base, os minoritarios e o deporte fenimino.

A Radio Galega tamén evoluciona en función das novas tendencias e formas de consumo dos oíntes, e ao lanzamento da primeira canle dixital de música para os máis cativos, Radio Picariña, suma agora toda unha nova canle integral de cultura, a do “Diario Cultural”, onde amais de descargarse os podcast do programa, os usuarios atoparán contidos exclusivos de como se fan os programas, as caras B, e achegas creadas para esta nova canle de todo o novo elenco de colaboradores. @mundiario

Comentarios