A curtametraxe documental Amantes da Terra fai unha aproximación á figura de Antonio Fraguas

Antonio Fraguas. / Mundiario
Antonio Fraguas. / Mundiario

Un documental de Queiman e Pousa en homenaxe a Antonio Fraguas plasma o traballo do homenaxeado no Día das Letras Galegas como etnógrafo, xeógrafo, historiador, docente, escritor…

A curtametraxe documental Amantes da Terra fai unha aproximación á figura de Antonio Fraguas

A figura de Antonio Fraguas centra este Día das Letras Galegas. Un documental de Queiman e Pousa en homenaxe a Antonio Fraguas plasma precisamente o traballo do homenaxeado no Día das Letras Galegas como etnógrafo, xeógrafo, historiador, docente, escritor…

A sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra acolleu na véspera da celebración do Día das Letras Galegas este 17 de Maio a presentación da curtametraxe documental Amantes da Terra.

A peza é unha aproximación á figura de Antonio Fraguas a través de diversos testemuños, entre eles o de Amparo Rodríguez, veciña e amiga de Cotobade que o coñeceu de novo e que o recorda recollendo so cantares que cantaban as mozas.

Décadas despois o etnógrafo Antonio Fraguas recompilaríaos no Cancioneiro de Cotobade.

O documental Amantes da Terra. / YouTube

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, é outra das persoas entrevistadas na curtametraxe documental, que pode verse en MUNDIARIO.

A académica Fina Casalderrey participou en representación da RAG na presentación da peza audiovisual producida por Quique Queiman e e Andrea Pousa, que leva o mesmo nome que o seu espectáculo musical dedicado a Antonio Fraguas.

No acto tamén se estreou o videoclip da canción Fraguas de Amor, composta por Sergio Gramary inspirándose en coplas populares recollidas por Antonio Fraguas e incluída no mesmo espectáculo. @mundiario

Comentarios