A cultura de paz en Meirás

Federico Mayor Zaragoza.
Federico Mayor Zaragoza.
Tanto o profesor Mayor Zaragoza como Irina Bukova amosaron o seu apoio e manifestaron o seu compromiso co proxecto e no que fose menester.
A cultura de paz en Meirás

Hai 10 años, con motivo do Foro 2010 celebrado en Compostela, o daquela alcalde de Sada, o bó amigo Abel Lopez Soto e máis eu reunímonos con Federico Mayor Zaragoza no Parlamento Galego, xa choveu!, e presentámoslle un proxecto -ben fermoso- sobre os usos posibles do Pazo de Meirás cara á súa, daquela hipotética, restitución ou devolución pública.

Queríamos o apoio do Presidente da Fundacion Cultura de Paz, foi inmediato, e a súa intermediación diante da nova Directora Xeral da Unesco, Irina Bukova, convidada no Foro 2010, para que desde a máxima institución supranacional da educación a ciencia e a cultura da ONU deran cobertura á nosa aspiración de que as Torres de Meirás chegaran a ser, algún día, non só un lugar dedicado ó estudo e divulgación da obra de dona Emilia Pardo Bazán, senón tamén, como quería o Concello de Sada e as asociacións memorialísticas, un Centro Internacional para a Memoria Democrática e a Cultura da Paz, cun amplo e variado programa educativo.

Tanto o profesor Mayor Zaragoza como Irina Bukova amosaron o seu apoio e manifestaron o seu compromiso co proxecto e no que fose menester.

Hoxe, dez anos despóis, cando diferentes opcións saen á luz pública sobre o futuro do Pazo, non quero deixar de lembrar este episodio, un máis, na lenta,  dilatada e moitas veces obstaculizada, recuperación das Torres de Meirás para o seu lexítimo dono, o pobo galego. @mundiario

Comentarios