A CRTVG salienta a proxección social dos medios públicos

Pantallas en la CRTVG. / Mundiario
Pantallas na CRTVG. / Mundiario

O informe do pactro mundial da ONU da CRTVG recolle as accións e avances da corporación respecto de cuestións como transparencia, accesibilidade, atención a colectivos con necesidades especiais e as campañas de responsabilidade social corporativa.

A CRTVG salienta a proxección social dos medios públicos

s accións de responsabilidade social corporativa, o diálogo coa audiencia, a renovación tecnolóxica para mellorar a accesibilidade, a transparencia, a atención á cidadanía ou a achega dunha programación aberta a todos, son algunhas das cuestións que se recollen cada ano no ‘Informe de progreso’ da CRTVG, o  documento que mide as melloras e avances en materia de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) da CRTVG de acordo cos principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas, e que acaba de facerse público.

A CRTVG é a canle pioneira en España en someterse a este control e elaborar este dossier. Este ‘Informe de progreso’ vai xa pola novena edición nos medios públicos galegos e está accesible na web das Nacións Unidas Global Compact  e no Portal de Transparencia da CRTVG. Este amplo traballo detalla o compromiso da CRTVG cos dez principios básicos de conduta do Pacto Mundial da ONU, que atanguen os dereitos humanos, as normas laborais, o medio natural e a prevención e loita contra a corrupción.

Desde 2017 a política de RSC da CRTVG está aliñada coa divulgación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e, en 2019, a CRTVG reforzou a súa política de RSC en liña coa misión e actividade do Pacto Mundial de Nacións Unidas en España. Fíxoo, en primeiro lugar, coa creación de novas campañas corporativas en apoio dos ODS. En 2019 realizáronse catro campañas baixo a nova denominación de #AcciónsG, que estiveron centradas na promoción do deporte inclusivo, en abril coa campaña #NonMiresXoga; na promoción das Letras Galegas, en maio; na sostibilidade do mar #NonHaiMarB, no mes de xuño, e, finalmente, cunha campaña, en outubro, dedicada ás mulleres que traballan polo desenvolvemento da Galicia rural. Paa a CRTVG é salientable o capítulo que resume a intensa colaboración co tecido social e cultural galego, en que a CRTVG xoga un papel de medio colaborador que permite potenciar a visibilidade de iniciativas públicas e privadas, pequenas e grandes, nas catro provincias. Certames, festivais, premios e campañas que achegan por outra parte os medios públicos á cidadanía.

Outros aspectos como as normativas estritas nos procesos de contratación e compras e a relación co sector audiovisual galego; a promoción da igualdade de xénero, a formación interna, ou a aplicación da conciliación familiar e laboral recóllense tamén no documento. Este informe dá conta, por outra parte, dos procesos de control da xestión da corporación, internos e externos, en que hai que salientar a rendición de contas tanto no consello de administración, como diante do Parlamento de Galicia, ao que se acude mensualmente para responder ás cuestións formuladas polas formacións representadas no arco parlamentario. @mundiario

Comentarios