Ás malas prácticas en Sogama denunciadas por OSUR súmanse aos problemas de contaminación

Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama. / Xoán Crespo en xunta.gal
Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama. / Xoán Crespo en xunta.gal

Sogama é unha empresa mixta participada no 51% pola Xunta de Galicia e no 49% por Naturgy Renovables. Nos beneficios da venda de electricidade a prezos astronómicos obtemos beneficios os cidadáns ou Naturgy?

Ás malas prácticas en Sogama denunciadas por OSUR súmanse aos problemas de contaminación

O presidente de Sogama anunciaba públicamente a principio do ano 2017 que se gastarían 275 millóns de euros, de cartos públicos, para ampliar  a capacidade de tratamento anual  nas instalacións de Cerceda (A Coruña) e  para adaptarse aos mandatos europeos de reciclaxe.  En realidade o prezo da licitación chegaba a 335 millóns pero o grupo  ourensán Valtalia impúxose a grandes empresas do sector ao baixar o presuposto notablemente e  algunhas aspirantes desconformes presentaron recursos xudiciais que  non prosperaron.

En xaneiro do 2022 a Consellería de Medio Ambiente  avanzou a sinatura  dun contrato  de adxudicación a empresas do grupo  Valtalia por valor de  238 millóns de euros para a xestión das plantas do complexo medioambiental por dez anos, contrato que tampouco gustou a outras empresas interesadas. En realidade o contrato comprende o mantemento, depuración...  e  unha tarefa principal,  a incineración do lixo para produción eléctrica, tarefa que a Xunta denomina “valorización energética de la fracción no reciclable”. Segundo o  Ministerio para a Transición Ecolóxica, Miteco,  no 2019 de 1.185.822 toneladas de lixo recollidas na Galiza, en Sogama queimáronse 571.196 toneladas para producir electricidade que Naturgy distribuía e comercializaba.

Agora nunhas xornadas organizadas polo Observatorio de Servicios Urbanos (OSUR), plataforma que a nivel do Estado ten por obxectivo velar pola calidade dos servizos públicos urbanas,  alertan de malas prácticas en torno a Sogama, e da análise dos pliegos de condicións dos concursos de Sogama extraen que están redactados para “primar a los actuales gestores de sus instalaciones”. Non merecemos os cidadáns máis transparencia?

Sogama é unha empresa mixta participada no 51% pola Xunta de Galicia e no 49% por Naturgy Renovables. Polo que podemos preguntarnos :  a) As inversións que se realizan en Sogama costeámolas os cidadáns ou participa co 49% a empresa privada Naturgy ? b) Nos beneficios da venda de electricidade a prezos astronómicos obtemos beneficios  os cidadáns ou Naturgy?. Baixará o recibo do pago do lixo este ano? A canto ascenden os beneficios de Naturgy en Sogama cos prezos actuais da enerxía eléctrica ?  

Contaminación de Sogama?

No ano 2013  unha iniciativa lexislativa popular  a favor da reutilización, redución e reciclaxe do lixo e en contra da incineración  foi rechazada no Parlamento galego pola maioría do PP. Defendía a iniciativa Manuel Soto, catedrático de Enxeñaría Química e ex-presidente de Adega, que no 2017 na revista Cerna escribía: “Sogama: nin vertido cero nin economía circular”, artigo que viña a contestar ao portavoz de Medio Ambiente do PP no Parlamento Galego que afirmaba que se persigue o “vertido técnico cero”. Soto afirmaba que Sogama emprega a atmóssfera como vertedoiro con emisión de 1.400 Kg CO2/t lixo, aparte de botar a atmósfera gases ácidos, metais pesados e dioxinas, gravemente prexudiciais para a saúde, ademais de reciclar únicamente o 3% dos residuos no 2015.

Sogama é unha empresa que trata o lixo pero non dá exemplo de bo facer, o “modelo Somaga” deixa moito que desexar basta ver as emisións e vertidos que ten no Rexistro de Emisións Contaminantes, PRTR,  ano 2020:

> Atmósfera:  declara emitir 17 contaminantes diferentes entre iles 200.000 kg de monóxido de carbono, 316.000 kg de óxidos de xofre,  8.520 kg  de partículas, 1.480 kg de metano, 13.400 kg de oxido nitroso, 5.310 kg de compostos orgánicos voláteis non metano, 4.710 kg de cloruros, 216 kg de metais e metais pesados (cromo, cobre, níquel, chumbo, mercurio...), dioxinas e fúranos...

> Auga: declara verter 17 contaminantes, entre eles nitróxeno, fósforo, arsénico, cadmio, cromo, mercurio, níquel, chumbo, 1-2 dicloroetano, hexaclorobutadieno, dioxinas e fúranos, fenois, cianuros, fluoruros...

Galiza é a segunda comunidade do Estado  por incineración do lixo, case a  metade de todo o lixo recollido vai para producir electricidade e mellorar o negocio de Naturgy, en especial neste tempo de prezos da electricidade elevados. Somos a segunda comunidade en incineración, despois de Cataluña. Pola contra estamos entre as últimas comunidades en produción de compostaxe. Temos moi baixo reciclado de lixo comparado con Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana,  País Vasco ... Serán malas prácticas? @mundiario

Comentarios