O crecemento das exportacións galegas superan ás medias de España e Europa

Industria automotriz. / RRSS
Industria automotriz. / RRSS

O BAEXGA avalía o pulso competi­tivo da economía galega tendo en conta as vendas ao exterior e o número de empresas que as realizan.

O crecemento das exportacións galegas superan ás medias de España e Europa

O Barómetro Exportador de Galicia do Foro Económico de Galicia (BAEXGA) para os tres primeiros trimestres do ano (de xaneiro a setembro de 2018) recolle un sobresaínte desempeño exportador por riba do conxunto de España ou da media da Unión Europea.

Este dinamismo ten moito que ver co ritmo exportador cara os mercados europeos, onde se anotan taxas de crecemento que duplican a xa elevada taxa media total.

Este excelente comportamento contrasta coa evolución do número de exportadores, respecto do que sucede no conxunto de España. Nomeadamente, a economía galega non está a incorporar novas pequenas e medianas empresas á exportación, nin cara a UE nin cara as economías emerxentes.

O sector da confección continúa actuando como un dinámico motor exportador da economía galega, sobre todo cara a UE (na que supomos case a metade das exportacións españolas do sector), neste caso quintuplicando o ritmo exportador do conxunto do sector da confección en España.

A falta de tres meses para pechar o ano 2018, o sector da automoción está a acompañar, e superar, o dinamismo da confección. Tamén neste caso son determinantes as moi dinámicas exportacións cara a UE. É un éxito das empresas consolidadas pois o sector non semella estar incorporando novos exportadores.

O BAEXGA avalía o pulso competi­tivo da economía galega tendo en conta as vendas ao exterior e o número de empresas que as realizan. O BAEXGA incorpora ao mesmo tempo a evolución no longo prazo (nos últimos dez anos) tanto das exportacións como das empresas exportadoras. @GaliciaMundiari

O crecemento das exportacións galegas superan ás medias de España e Europa
Comentarios