O crecemento da actividade económica galega se mantén constante

Billetes de euro. / Archivo
Billetes de euro. / Archivo

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade.

O crecemento da actividade económica galega se mantén constante

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica experimentou un crecemento interanual do 3,8 % no mes de xuño o que consolida un crecemento mensual da actividade económica practicamente estable dende comezos do ano.

En termos intertrimestrais, o crecemento da actividade económica galega no segundo trimestre do ano (de abril a xuño) tamén se mantén constante ao longo dos últimos meses un valor do 1,0 %.

Ao abeiro da estabilidade amosada polo Indicador no primeiro semestre do ano (especialmente no segundo trimestre) todo apunta que a Contabilidade Rexional que o Instituto Galego de Estatística (IGE) publicará esta semana reflectirá valores moi semellantes aos do trimestre pasado (un crecemento interanual dun 3.1 % e intertrimestral dun 0,7 %).

En termos interanuais, a variable recollida no Indicador que experimenta un maior crecemento son as matriculación de turismos, que rematan o primeiro semestre do ano con medras salientables. Outras variables con crecementos importantes son as importacións e a cifra de negocios da industria o dos servizos.

O Indicador está elaborado pola equipa de conxuntura económica do Foro Económico de Galicia. Para a súa confección pártese da análise e cuantificación de 15 variables económicas que inclúen cifras de emprego, facturación empresarial, comercio internacional, actividade industrial e do sector servizos.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica. Un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @galiciamundiari

O crecemento da actividade económica galega se mantén constante
Comentarios