A Coruña non figura nin conta entre os grandes proxectos de Repsol

La refinería de Repsol con A Coruña al fondo. / Xurxo Lobato
A refinería de Repsol na Coruña. / Xurxo Lobato
Trátase dunha industria contaminante, das máis contaminantes de Galiza. Onde están as xestións da Xunta?
A Coruña non figura nin conta entre os grandes proxectos de Repsol

Repsol prefire inversións nas refinerías de Cartagena, Tarragona, Puertollano ou Bilbao  fronte  A Coruña. Pretende aproveitar fondos europeos para modernizar as súas empresas e a vez instalar novas industrias consideradas pouco contaminantes ou limpas para desta forma cumprir coa transición  enerxética.  A Coruña non figura nin conta entre os grandes proxectos  de Repsol.

En novembro do 2020 Repsol presentaba o Plan Estratéxico 2021-2025 e mentres tres das cinco refinerías que posúe, Cartagena, Puertollano e Bilbao, figuraban con  inversións en proxectos concretos e novedosos, a refinería de A Coruña  non  tiña claro o papel nas novas tecnoloxías de descarbonización nin na transformación do negocio industrial. Repsol busca unha maior rendibilidade empresarial, atractiva para os accionistas, e pretende conseguir cero emisións netas no 2050. A refinería de A Coruña non parece estar na ruta desta transformación e queda sen prioridade, e semella  desplazada, vexamos: 

O Plan Estratéxico de Repsol dedica unha inversión de 1.400 millóns para a recuperación económica de Tarragona, en proxectos de transición enerxética, esperando obter 260 millóns de euros de fondos  europeos de Next Generation.  Contempla once iniciativas: mellora da conectividade ferroviaria,  construción dunha zona de actividades loxísticas, instalacións para producir plásticos a partir do reciclado de materiais e biocombustibles avanzados, melloras tecnolóxicas de eficiencia no consumo de materias primas e enerxía... Proxectos que  están  apoiadas polo Goberno central e pola Generalitat  e supoñen un efecto tractor en novas inversións doutras empresas.

En  febreiro a empresa anunciou para Puertollano a inversión de 700 millóns de euros  nunha planta de biocombustibles avanzados. En setembro do 2020 Bilbao presentaba unha inversión de 143 millóns  para fabricar hidróxeno e máis tarde confirmaba   80 millóns máis para  combustibles sintéticos  e unha planta de biogás a partir de residuos urbanos, fruto de colaboracións do Concello de Bilbao, Diputación foral e Goberno vasco.  En Cartagena  proxectaba  inicialmente a primeira planta de España de ecocombustibles  (HVO ou hidrobiodiesel, bionafta, biopropano, biojet) e plantas de reciclado químico de plásticos usados e reciclado mecánico de polioolefinas cunha inversión de 188 millóns de euros. Repsol busca tamén melloras nas súas instalacións para consumir menos auga cunha planta de recirculación e ultrafiltración.

Inversións insignificantes na Coruña

Na Coruña as inversións anunciadas son  insignificantes comparadas con outras refinerías do grupo. O Plan de sostenibilidad 2020 contempla 29 millóns para  unha nova unidade de obtención de polipropileno, e 19 millóns para reducir nun 30% a emisión de partículas a atmosfera, para adaptala as últimas normativas europeas. Na loita contra o cambio climático reduciu 11.000 t de CO2 respecto do ano anterior o que siñifica ridículas reducións do 1% e busca minimizar a alta xeración de residuos e a recirculación de auga para diminuír o alto consumo. Agora no 2021 ofrece un ERTE para o 31% dos traballadores da refinería e carece de proxectos que podan parecerse aos de Tarragona, Puertollano, Cartagena ou Bilbao.

 O interese de Repsol na Coruña xa era antes mínimo como demostra que unha obra  concertada no 2013 como o Poliduto  que tiña que rematarse en abril do 2018 aínda comenzou  a construírse este ano e ate agosto do 2022 non estará lista, obra que sirve para conectar Repsol co porto exterior de Langosteira  imprescindible para maior seguridade e para abandonar as descargas-cargas no porto interior e pechar o oleoduto.

Repsol  é unha industria contaminante, das máis contaminantes de Galiza, neste ano será a maior emisora de dióxido de carbono, e as súas emisións segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes contaminantes PRTR-España son notables alcanzando máis de un millón de toneladas en dióxido de carbono, 1.150 toneladas de óxidos de nitróxeno e 1.850 de óxidos de xofre, aparte de metano, partículas, metais pesados, e non esquezamos que se emiten nunha área densamente poboada e próxima a poboación. Repsol é a industria que máis contamina na área da Coruña é unha das grandes contaminantes de Galiza. Ao mesmo tempo tamén consume tanta auga como os habitantes do concello de Arteixo, Laracha e Carral xuntos  e tanta electricidade como 80-90.000 vivendas  é dicir máis que  Santiago ou Lugo.

Discriminación por partida doble

Si desde os anos 60 do século pasado  na Coruña e os galegos en xeral sufrimos a contaminación directa  (gases de efecto invernadoiro e de choiva ácida...) e indirectos (accidentes de petroleiros con carga para a refinería como o do Urquiola ou Mar Egeo), agora que toca transformar industrias contaminantes para que deixen de selo ou crear outras menos contaminantes con máis emprego, volvemos ser discriminados e non estaremos no punto de mira das empresas. “Sen industria non hai futuro” é un dos berros dos traballadores de Repsol de A Coruña na manifestación contra o ERTE de Repsol, sen inversións non haberá nin transformación da  refinería  para facela menos  contaminante e mais eficiente nin teremos novos empregos por falta de novas industrias  menos contaminantes.  

Noutros  lugares, Pais Vasco, Cataluña... premen forte por novos proxectos industriais asociados as refinerías de Repsol, os gobernos autonómicos souberon estar atentos, planificaron, moveronse, conquistaron e comprometeron ao capital privado para traer no futuro proxectos industriais “limpos” aos seus territorios. Fixo o mesmo Galiza?. Onde están as xestións da Xunta?. Unha vez máis demostrase que os gobernos son decisivos a hora da toma de decisión de empresas como evidencia o caso Repsol, e debemos lembrar que “sen industrias limpas non hai futuro”. @mundiario

Comentarios