As cortinas da morte enfrontan novamente ás frotas atuneiras

Un barco atunero. / YouTube
Un barco atunero. / YouTube
A frota atuneira española amosa a súa perplexidade diante da intención de algunhas partes da ORP de asignar cota de rabil a frotas que empregan redes de deriva.
As cortinas da morte enfrontan novamente ás frotas atuneiras

Outra vez as cortinas da morte (redes de deriva) empregadas ilegalmente na captura do rabil.  Prohibidas en augas da Comisión de Túnidos do Océano Índico (IOTC), nas que faenan un bó número de buques españois, as que son coñecidas popularmente como "cortinas da morte", con lonxitudes moi superiores á permitida (2.5 quilómetros) están a ser utilizadas por flotas como a de Irán que, a maiores, excede os seus límites de captura reiteradamente, co conseguinte prexuizo para os demáis buques na zona.

Após as queixas do Goberno das illas Seychelles, a frota atuneira española amosa a súa perplexidade diante da intención de algunhas partes da citada ORP de asignar cota de rabil a frotas que empregan redes de deriva, malia esa prohibición do seu uso recoñecida internacionalmente.

A frota española chama a atención sobre o feito de que as dúas propostas de reconstrución da poboación de rabil publicadas pola Organizacion Rexional de Pesca CTOI de cara á súa reunión extraordinaria a celebrar do 8 al 12 de marzo,  contemplan esta asignación de capturas a frotas que empregan este tipo de redes prohibido.

Son propostas "incoherentes" para a española Organización de Produtores Asociados de Grandes Atuneiros Conxeladores (OPAGAC), porque ignoran deliberadamente o uso desas cortinas da morte. Acusan directamente a Irán, Indonesia, India, Sri Lanka, Pakistán e Omán destas práctica ilícitas e láianse  do insuficiente control das mesmas polas súas autoridades nacionais. Son frotas que pescaron aproximadamente o 17% do volume total de rabil capturado no Índico no ano 2019 (aproximadamente 70.000 toneladas) a mesma cantidade que algunhas partes contratantes coidan que habería que reducir para acadar unha recuperación rápida do stock.

No caso de Irán, este país duplicou o volume de captura malia estar suxeito a un límite, segundo o plan de recuperación do rabil no Índico. É tamén o país que máis cetáceos captura de xeito incidental (uns 30.000 ao ano) e mantén unha débeda  coa IOTC que o convirte no maior debedor desta organización rexional. Por este motivo, OPAGAC  considera inaudito que a frota iraniana sega a recibir posibilidades de captura nas novas propostas que tentan recuperar a poboación de rabil. De aquí que o director-xerente de OPAGAC, Julio Morón, demande de Bruxelas que esixa "cota cero" para esas frotas de redes de deriva, "así como a inclusión de buques que as utilizan nas listaxes de pesca ilegal". @mundiario

Comentarios