Corredoira: "Na FP a inserción laboral é dun 80 por cento, e no caso da FP Dual chega a máis do 90"

Manuel Corredoira. / TVG
Manuel Corredoira. / TVG

Corredoira insistiu en que a Formación Profesional “non é só unha alternativa á universidade, é unha primeira opción en moitísimos casos”. Ademais, recordou que “nos ciclos de moita demanda tamén hai unha nota de corte elevada”.

Corredoira: "Na FP a inserción laboral é dun 80 por cento, e no caso da FP Dual chega a máis do 90"

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira López, foi entrevistado no ‘Bos días’ da TVG para falar da oferta da Formación Profesional (FP) en Galicia, que estes días ten aberto o seu prazo de inscrición e matrícula. Corredoira insistiu en que a Formación Profesional “non é só unha alternativa á universidade, é unha primeira opción en moitísimos casos”. Ademais, recordou que “nos ciclos de moita demanda tamén hai unha nota de corte elevada”.

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa afirmou que actualmente na FP existe “un número de alumnado moi importante”, con máis de 51.000 persoas que escolleron esta opción, en que a inserción laboral “supera o 80 %”. Falou tamén da Formación Profesional Dual, en que o alumnado “está máis tempo na empresa formándose e tamén traballando”, e opinou que “a formación para a xente nova ten que ser unha formación que permita coñecer a realidade das empresas”. Ademais, considerou que a FP dual, que comezou no curso 2012 - 2013, está “moito máis achegada á realidade produtiva” e que é “probablemente a liña de desenvolvemento da FP en Galicia”. Discrepou con quen chama a dita opción “formación de man barata”, e explicou que noutros países “non está mal visto polos sindicatos, todo o contrario”.

Manuel Corredoira indicou que “en Galicia estamos moi preto da media europea en moitos parámetros que miden a FP”, polo que cre “que Galicia está sendo un bo exemplo de que se pode facer boa formación”. @mundiario

Comentarios