Convocado o 17º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2022

Xurxo Lobato. / TVE
Xurxo Lobato. / TVE
 O tema e libre. Poden presentarse en fotos en branco e negro ou cor, un máximo de tres fotos por participante, que deben ser enviadas por correo electrónico, en formato dixital antes do 15 de marzo.
Convocado o 17º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2022

A Asociacion de Amigos do Instituto de Monelos convoca o 17º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2022, no que chama a participar ao alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e ESO de  Galicia.

Nado nun instituto público de referencia na cidade da Coruña, o de Monelos, este certame consolídase cun perfil propio, especializado en fomentar a fotografía entre os alumnos de ensinanzas medias, escolas de Artes, Formación Profesional en Galicia. Quere contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica nesta comunidade autónoma e fomentar a canteira de novos valores que opten pola fotografía como linguaxe de creación.

 O tema e libre. Poden presentarse en fotos en branco e negro ou cor, un máximo de tres fotos por participante, que deben ser enviadas por correo electrónico, en formato dixital antes do 15 de marzo de 2022 a [email protected] Débese engadir: DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, cidade  e curso. Cada obra levará un titulo.

O xurado estará formado por cinco expertos en arte e fotografía.

Os premios son:  1º premio, 250€ e diploma; 2º premio, 150€ e diploma, e 3º premio, 100€ e diploma. Os  accésits serán que considere o xurado. Coas fotos premiadas e seleccionadas farase unha exposición itinerante. @mundiario

Comentarios