Convocado o 16º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2021

Xurxo Lobato. / TVE
Xurxo Lobato. / TVE

A Asociacion de Amigos do Instituto de Monelos chama a participar ao alumnado Bacharelato, Formación Profesional e ESO de  Galicia.

Convocado o 16º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2021

Xa está convocado o 16º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2021. Xa que logo, a Asociacion de Amigos do Instituto de Monelos chama a participar ao alumnado Bacharelato, Formación Profesional e ESO de toda Galicia.

Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO, é un dos fotoxornalistas máis prestixiosos de España: é Premio Ortega e Gasset 2003. Participou en máis de 40 libros e é académico da Real Academia Galega de Belas Artes.

Nado nun instituto público de referencia na cidade da Coruña, o de Monelos, este certame que leva o nome de Xurxo Lobato consolídase cun perfil propio, especializado en fomentar a fotografía entre os alumnos de ensinanzas medias, escolas de Artes e Formación Profesional en Galicia. "Quere contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica nesta comunidade autónoma e fomentar a canteira de novos valores que opten pola fotografía como linguaxe de creación", indica o seu creador.

O tema é libre. Poden presentarse en B/N ou cor. Máximo 3 fotos por participante. Deben ser enviadas por correo electrónico, en formato dixital. antes do 15 de marzo de 2021, a [email protected] Hai que engadir DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, cidade  e curso. Cada obra levará un título.

O xurado do 16º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2021 estará formado por cinco expertos en arte e fotografía. Os premios son: 1º premio 250€ e e diploma, 2º 150€ e diploma, 3º premio 100€ e diploma. E os accésits que considere o xurado. Hai un premio especial para realización dun proxecto fotográfico dirixido por Xurxo Lobato. Coas fotos premiadas e seleccionadas farase una exposición itinerante. @mundiario

Convocado o 16º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2021