Convocado o 15º concurso de fotografia Xurxo Lobato 2020

El fotoperiodista Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO. / Enrique Cano
O fotoxornalista Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO. / Enrique Cano
Nado nun instituto público de referencia na cidade da Coruña, o de Monelos, este certame consolídase cun perfil propio, especializado en fomentar a fotografía entre os alumnos.
Convocado o 15º concurso de fotografia Xurxo Lobato 2020

A Asociacion de Amigos do Instituto de Monelos chama a participar ao alumnado Bacharelato, Formación Profesional e ESO de Galicia no 15º concurso de fotografia Xurxo Lobato 2020. Nado nun instituto público de referencia na cidade da Coruña, o de Monelos, este certame consolídase cun perfil propio, especializado en fomentar a fotografía entre os alumnos de ensinanzas medias, escolas de Artes, Formación Profesional en Galicia.

Este concurso quere contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica na comunidade autónoma de Galicia e fomentar a canteira de novos valores que opten pola fotografía como linguaxe de creación. O tema e libre. Poden presentarse en B/N ou cor. Máximo 3 fotos por participante. Deben ser enviadas por correo electrónico, en formato dixital. antes do 15 de marzo de 2020, a [email protected] Debe engadirse DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, cidade e curso. Cada obra levará un titulo.

O xurado estará formado por cinco expertos en arte e fotografía. Os premios son: 1º premio 250€ e diploma, 2º 150€ e diploma, 3º premio 100€ e diploma. E os accésits que considere o xurado. O premio especial para realización a un proxecto fotográfico estará dirixido por Xurxo Lobato. Coas fotos premiadas e seleccionadas fárase una exposición itinerante. Este concurso conta coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia. así como dunha cadea de tendas de alimentación. @mundiario

Comentarios