Convocado o 14º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019

El fotoperiodista Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO. / Enrique Cano
Xurxo Lobato. / Enrique Cano

Coas fotos premiadas e seleccionadas farase una exposición itinerante. Haberá un premio especial para a realización dun proxecto fotográfico dirixido por Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO.

Convocado o 14º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019

A Asociación de Amigos do IES Monelos convoca o premio do 14º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019, aberto a todos os  alumnos de bacharelato, formación profesional e a ESO de  Galicia. Trátase dun certame consolidado con perfil propio, especializado en fomentar a fotografia entre os alumnos de ensinanzas medias e formacion profesional, que quere contribuír ao "desenvolvemento da linguaxe fotográfica" e fomentar a "canteira" de novos valores que opten pola fotografia como linguaxe de creación. Coas fotos premiadas e seleccionadas farase una exposición itinerante.

O tema do 14º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019 é libre. Poden presentarse en B/N ou cor. Maximo 3 fotos por participante, enviadas por correo electrónico, en formato dixital antes do 10 de marzo de 2019, a [email protected] facendo constar DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, cidade  e curso. Cada obra levará un título.

O xurado do 14º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019 estará formado por dous representantes da A.A.I. Monelos, e tres expertos en arte e fotografía. Os premios son: 1º premio, 250 euros e diploma; 2º premio, 150 euros e diploma; 3º premio, 100 euros e diploma. Tamén haberá accesits e un premio especial para a realización dun proxecto fotográfico dirixido por Xurxo Lobato, colaborador de MUNDIARIO. @mundiario

Convocado o 14º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019
Comentarios