Contracción do crecemento da actividade económica no mes de novembro en Galicia

Patricio Sánchez, Fernando González Laxe, Xosé Francisco Armesto y Santiago Lago. / Mundiario
Patricio Sánchez, Fernando González Laxe, Xosé Francisco Armesto y Santiago Lago. / Mundiario
O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou no mes de novembro un incremento interanual do +3,4%.
Contracción do crecemento da actividade económica no mes de novembro en Galicia

No mes de novembro de 2021, o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou un incremento interanual do +3,4%. Este crecemento supón unha redución no ritmo de recuperación da actividade económica nesta comunidade de sete décimas respecto a outubro. 

Os datos dos primeiros meses do cuarto trimestre reforzan a tendencia globalmente positiva da actividade económica galega no verán. En todo caso, o dato de novembro amosa xa os atrancos motivados pola falla de subministros e a alza dos prezos nas materias primas.

A falta dun só mes para ter a información do conxunto do ano 2021, pódese anticipar un crecemento do PIB de Galicia ao redor do 5,5% no conxunto do ano.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador amosa, persiste o comportamento extraordinario das variables referentes ao sector turístico (viaxeiros entrados e transportes de pasaxeiros) con crecementos interanuais superiores ao 100%.  En sentido contrario, o Índice de produción industrial (IPRI) sufre un retroceso salientable de máis dun 25% en termos interanuais.

Dirixido por Santiago Lago Peñas, o Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica.  Máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario

Comentarios