Buscar

Contaminación, lexislación e mortaldade

Os falecementos por enfermidade cardiovascular que poden atribuírse a contaminación son moito máis altos do esperado. A Xunta de Galicia e o Goberno de España tiñan que estar tomando nota.

Contaminación, lexislación e mortaldade
Logo da Organización Mundial da Saúde (OMS). / Mundiario
Logo da Organización Mundial da Saúde (OMS). / Mundiario

Firma

Ramón Varela Díaz

Ramón Varela Díaz

El autor, RAMÓN VARELA DÍAZ, es colaborador de MUNDIARIO. Es catedrático de Biología y Geología, y doctor en Biología. Fue presidente de la asociación ecologista Adega. @mundiario

En outubro do 2018 a Organización Mundial da Saúde (OMS) daba a coñecer que “a baixa calidade do aire  é o maior risco para a saúde e o medio ambiente e unha das maiores causas de morte infantil no mundo. Os nenos/as son os máis afectados porque respiran máis rapidamente que os adultos, ingresan no corpo unha maior cantidade de elementos contaminantes, e ademais están máis cerca do solo, onde a concentración destas partículas é máis alta”. Relacionaban a contaminación con nacementos prematuros, nacidos mortos, infeccións do oído, obesidade, cancro infantil, asma, mala función pulmonar, pneumonía e outras infeccións respiratorias.

Agora en marzo do 2019 un estudo científico que se publica en European Heart Journal (EHJ),  diario oficial da Sociedade Europea de Cardioloxía, afirma que os estudios anteriores aínda se quedan cortos xa que os falecementos por enfermidade cardiovascular que poden atribuírse a contaminación son moito máis altos do esperado, sendo as  partículas pequenas PM2,5 a causa principal das patoloxías cardiovasculares e respiratorias. Din que a  asociación entre a contaminación ambiental e as patoloxías cardiovasculares  e respiratorias están ben establecidas. A contaminación dana aos vasos sanguíneos a través dun aumento no estrés oxidativo, o que supón un aumento na presión arterial, na diabetes, ictus,  infartos e na insuficiencia cardíaca”. 

Observan que en Europa  a contaminación ambiental causa de 133 a 129 falecementos máis ao ano por cada 100.000 habitantes, o que podía representar para Galicia da orde de 3.500 falecementos prematuros/ano, cifra que supera aos valores que se manexaban en base a traballos anteriores da OMS.

Destaca o traballo científico tamén porque por primeira vez investigadores dentro da Sociedade Europea de Cardioloxía  posicionanse  clara,  rotunda e urxentemente sobre o tema lexislativo, confirman algo que levamos anos demandando dende aquí, a lexislación vixente contempla un límite medio anual de PM2,5  na Unión Europea  de 25 microgramos por metro cúbito , e este valor  é 2,5 veces maior que as directrices da OMS  10 microgramos por metro cúbito. 

Son de destacar dúas propostas que apuntan no traballo:

1. Instan aos gobernos e as axencias internacionais a acometer políticas urxentes que reduzan a contaminación, incluíndo a revisión da lexislación sobre a calidade do aire para reducir os límites da polución da Unión Europea actuais e para aliñalos coas recomendacións da OMS. 

2. Propoñen potenciar as enerxías alternativas xa que a maioría das partículas e outros contaminantes ambientais en Europa proveñen dos combustibles fósiles, din que  “debemos utilizar outras fontes de enerxía de maneira urxente. Cando utilizamos enerxía renovable e limpa non so cumprimos cos Acordos de París para mitigar os efectos do cambio climático, senón que tamén reducimos as taxas de mortalidade asociadas a contaminación en Europa hasta nun 55 por cento”.

A Xunta de Galicia e o Goberno de España tiñan que estar tomando nota. @mundiario