Buscar

Consello de [email protected]

Repárese que, no moderno dereito administrativo, fálase de “Goberno”, en masculino , para o importante, e de “gobernación” para os “asuntos correntes” que dicía o maestro Hauriou.

Carmen Calvo promete o seu cargo de vicepresidenta do Goberno diante do Rey Felipe VI. / Mundiario
Carmen Calvo promete o seu cargo de vicepresidenta do Goberno diante do Rey Felipe VI. / Mundiario

Firma

Pablo González Mariñas

Pablo González Mariñas

El autor, PABLO GONZÁLEZ MARIÑAS, es colaborador de MUNDIARIO. Es político, profesor de Derecho Administrativo y escritor. Fue miembro del Partido Galego Independiente y diputado por la UCD en el primer Parlamento de Galicia. Tras ser uno de los fundadores de Coalición Galega, en 1985 encabezó la escisión del sector más nacionalista, que dio origen al Partido Nacionalista Galego. Fue conselleiro de la Presidencia y diputado por el BNG. @mundiario

Cando ven de xurdir un dos Gobernos máis ilusionante dende hai décadas, andamos a perder o tempo especulando sobre se hai chamalo, ou non, “Consello de Ministros e Ministras”. Isto ven forzado pola presunción de que o masculino xenérico invisibiliza á muller. Non sería extraña esta etioloxía. Repárese que, no moderno dereito administrativo, fálase de “Goberno”, en masculino , para o importante, e de “gobernación” para os “asuntos correntes” que dicía o maestro Hauriou.

Pódese opinar así e, dende logo, a linguaxe pode cambiar co tempo, é máis, ten que facelo. Pero habería que dar cunha fórmula expresiva razoable para non liarnos nunha estéril logomaquia. Aínda recordó aquelas parellas de suxeitos, cando o que escrebe andaba de deputado, para redactar os preceptos hereditarios da Lei de Dereito Común de Galicia: avós e avoas, país e nais, fillos e fillas, netos e netas… que facían imposible unha redacción intelixible dos preceptos. O dereito positivo pelexaba coa claridade e até co sentido común, últimamente tan evocado.

Pero volvemos a dar cabezadas con ese benintenzoado prexuizo. Borges salientaba que, cando falamos con naturalidade, prescindimos dos binarios, sintetizamos, agás que fagamos poesía.  “Todo sustantivo -escribíu- é abreviatura: en lugar de contar frío, ferinte, inquebrantable, brillante, puntiagudo… enunciamos puñal; en sustitución de alonxamento de sol e progresión de sombra, decimos atardecer”.

Ben sei que falar así vai contracorrente. Pero pensó que, sendo importantes as argumentacións sociolóxicas e lóxicas, tamén o son as filolóxicas (salientadas pola RAE) e as xurídicas (Lei do Goberno, de 1997). A vixente Constitución tamén fala de Consello de Ministros (artigos 112, 115, etc.). E non debe esquecerse a recente xurisprudencia andaluza, que recoñece dereitos ás “traballadoras” malia a dicción literal “traballadores” que, nunha interpretación presuntamente garante non as protexería.

Por seguir con Borges, “a linguaxe é un ordenamento eficaz da enigmática abundancia do mundo”. Coido que si, e xustamente por iso creo que non deberíamos perder moito tempo nas palabras e atender ao fondo do asunto: este novo Goberno, testar a súa consistencia e vixiar críticamente o seu proceder. @mundiario