Concerto de Ugia Pedreira na Gargalleira

Ugia Pedreira. / coruna.gal
Ugia Pedreira. / coruna.gal
As portas da Gargalleira estarán abertas para quen desexen gozar da sombra dos carballos, das hamacas e de pasear, merendar ou pasmar ao aire libre na natureza un par de horas.
Concerto de Ugia Pedreira na Gargalleira

O vindeiro sábado día 27 visita A Gargalleira (Silleda, Pontevedra) a gran música Ugia Pedreira, cun formato especial e moi exclusivo.

Ugia Pedreira​​ é cantautora, tamén directora do Centro Galego de Música Popular.​ O seu repertorio inclúe folk, ska, electrónica, latina e boleros.

A Gargalleira –a 10 minutos a pé da parada de Monbús en Silleda– está en Trasfontao, sinalizada en Google Maps, pero os organizadores envían ubicación e instrucións por WhatsApp e Messenger a quen o solicite no 626997082. Hai aparcadoiro para coches particulares, bicis e motos.

Trátase dunha actividade onde a propia artista presenta os temas do seu último disco, Segmento Cantábrico, inscrita nas súas presenzas musicais nos que ela mesma denomina Espazos de Confianza.

O recital - charla de Ugia Pedreira terá lugar ás 19h a carón do regato da Gouxa (tamén chamado da Mera), fronte o vello muíño de cubo agora transformado en barra, baixo os amieiros, bidueiros, castiñeiros e carballos da beiriña do río. 

Xa que logo, A Pedreira, a guitarra, a música e as palabras. "Tan sinxelo e tan completo!", din os organizadores. Trátase de lugares especiais. "Com mulheres e homes  que mimam os seus projectos fora do estabelecido. Que temos motivos de confianza e conexions de vida para criar o seu propio espazo ou programazom mais ala do manido. Nem se vendem com mensagens de arrogancia: de lo vais a flipar. Pois Tam no seu dentro para fora. E fora sucederá o que tenha que ser. E ademais nos seus projectos dam Todo sempre e Nada, na procura dum equilibrio sam entre o dar e receber. Eu, com elxs. Grazas." Así conta Ugia Pedreira que son os seus Motivos de Confianza.

As portas da Gargalleira estarán abertas ao público desde as 17 horas para quen desexen gozar da sombra dos carballos, das hamacas e de pasear, merendar ou pasmar ao aire libre na natureza un par de horas. @mundiario

Comentarios