Compromiso acusa a En Marea de representar unha trampa para Galicia

Juan Carlos Piñeiro. / CXG
Juan Carlos Piñeiro. / CXG

Di que supeditará os seus intereses partidistas por manter os asentos en concellos como o de A Coruña, Santiago ou Ferrol, onde irán en listas conxuntas con Podemos e Esquerda Unida.

Compromiso acusa a En Marea de representar unha trampa para Galicia

Compromiso por Galicia califica de "lamentable" a posición de En Marea ao querer xogar a representar os intereses dos galegos e galegas, cando na súa estratexia únicamente cabe a unión con forzas políticas ás que non lles interesa nada Galicia. Para o secretario xeral galeguista, Juan Carlos Piñeiro, En Marea representa unha trampa para Galicia, xa que supeditarán os seus intereses partidistas por manter os asentos en concellos como o de A Coruña, Santiago ou Ferrol, onde irán en listas conxuntas con Podemos e Esquerda Unida, pacto que trasladarán posteriormente tamén ás deputacións provinciais. "Isto non sería nada novo, esta trampa xa a fixeran cando prometeran grupo propio galego e pasaron a ser unha axencia pequena de Podemos no Congreso dos Deputados. Non é nada que xa non teña pasado con anterioridade", suliña o secretario xeral de Compromiso.

“O camiño segue a ser unha xuntanza estratéxica de partidos co centro de decisión no país, os galeguistas seguiremos explorando esta vía, aínda ca rotunda negativa do BNG e de En Marea”, sinala Juan Carlos Piñeiro. “Seguiremos na vía do diálogo, na vía da política que entende a xente, na política de acadar que Galicia teña un peso político propio no Estado”, remata, convencido da necesidade de que Galicia conte con forza política propia dentro do Estado, na nova lexislatura saída das eleccións xerais do #28A. "Vivimos momentos en que é precisa unha defensa forte dos intereses da cidadanía galega en Madrid. O importante é a presencia dunha forza política galega que defenda os intereses no social, no económico e tamén no referente ao autogoberno e a nosa cultura de país", reflexiona Piñeiro. @mundiario

Comentarios