China, EE UU, Xapón e outras grandes economías non están por reducir o uso do carbón

Industrias que utilizan el carbón como fuente de energía. / Mundiario
Industrias que utilizan el carbón como fuente de energía. / Mundiario
Brasil ou Rusia, con grandes extensións de bosques, non queren frear a deforestación.
China, EE UU, Xapón e outras grandes economías non están por reducir o uso do carbón

No ecuador da reunión da Cumbre Climática da ONU, COP26, de Glasgow (Escocia)  non temos unanimidade para reducir o uso do carbón nin para frear a deforestación e a degradación da terra.

Unha vez máis  as grandes potencias son reticentes e alongan as solucións cando non queda tempo. 

Redución do uso do carbón 

A combustión do carbón  na actualidade é unha das maiores fontes de emisións de dióxido de carbono,CO2, e  dende o Acordo de París o número de novas centrais de carbón previstas descendeu  o 76%  en todo o mundo, pero este porcentaxe é insuficiente si queremos frear o cambio climático. A Axencia Internacional  de Enerxía, AEI,  en maio pasado advertiu que a inversión en novas plantas e minas de carbón así como en novos proxectos de petróleo e gas debía deterse  a partir do 2021 para que o planeta alcance cero emisións netas no 2050 e cumprir co obxectivo de 1,5ºC do Acordo de Paris. No último Informe do Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático da ONU afirmouse  que as accións levadas a cabo ate agora conducen a un aumento de 2,7º  na temperatura global. 

En Glasgow, anunciaron, días pasados, un acordo  inicial de 40 países  para reducir o uso do carbón nos Plans enerxéticos, acordo que máis tarde alcanzaría  a 77 países con “compromiso non vinculante”. A Cumbre aspira a que 190 países se unan para que o  “o carbón pase a historia “ e teña prazos á termino. 

Pero  o problema está nos grandes contaminantes pois até hoxe non están no acordo  China,  Estados Unidos,  India, Xapón... pero si están estes países nun grupo  de cabeza de grandes emisores de dióxido de carbono  que representan  máis  da metade do total emitido  a atmosfera. De que sirven os acordos, si estes países non se comprometen en frear, reducir ou eliminar as súas emisións da combustión do carbón?. 

O documento de acordo contempla eliminar gradualmente a enerxía do carbón, pero non inmediatamente, nin tampouco a moi curto prazo, senón na década do 2030. Acordo no que só estarían comprometidas as principais economías desenvoltas, mentres o resto dos países quedarian comprometidos  na década do 2040. Como un dos problemas é a financiación, os bancos e as institucións financeiras parece que se comprometerían  a poñer fin a financiamento do carbón sin restricións. As economías desenvoltos prometen un novo apoio para axudar aos países en desenvolvemento a realizar a transición á  enerxía limpa. Serán estas promesas  realmente compromisos (obrigación ?) ou como en outras ocasións  serán so intencións que non se  cumpren ?

Freo a deforestación

Outro punto de debate e encontro foi a deforestación,  dada a gran importancia dos bosques como sumidoiros de carbono. Está demostrado que non se pode chegar a emisións netas cero  sin contemplar aos bosques tropicais. 

En Glasgow asinaron un documento  mais de 100 países para acabar coa deforestación e a degradación da terra, pero tampouco  será xa, senón que ten data do 2030 e con cargo a 10-16.500 millóns de fondos públicos e privados sen concretar. A situación fainos ser escépticos, aparecen de novo promesas ou compromisos que poden mudar e mesmo faltan  ou dubidan  do acordo economías importantes  como Brasil e Rusia con grandes superficies forestais e mesmo algúns como Indonesia  dan marcha atrás e critican o acordo.

En definitiva teremos que esperar a ver as conclusións da Cumbre en poucos días, pero os acordos que transcenden da semana pasada non parece que vaian a apurar solucións, aínda que o tempo aprema moito. Necesitaríase unanimidade, rapidez, maior concreción e  compromisos serios finacieiros públicos e privados. Necesitaríase que todos os compromisos obrigaran, por enriba de todo, aos grandes contaminantes que son as grandes potencias. O problema global nace e podería terminar en tan só 10-20 países  (G-20?), países que tamén financian a outros e serven de modelo a  moitos. 

Agora temos só promesas da Cumbre en algúns temas -uso do carbón,  deforestación e uso da terra...-, faltarían acoutar outros temas obrigados porque tamén afectan, directa ou indirectamente, a subida da temperatura atmosférica e do nivel do mar,  como son : uso do petróleo e  derivados, modelo de consumo e transporte, industria contaminante, agricultura-gandeira intensiva e industrial, xestión de residuos, modelo de urbanismo, utilización da auga,  eficiencia enerxética,  enerxías  renovables e sostibles... desigualdade social.  Pero seria moito pedir que se tratasen nunha ou varias Cumbres cando a unanimidade para actuar falta e alongase e a “pandemia contaminante” está servida. @mundiario

Comentarios