Chega 'Cuestión de Xénero', un proxecto artístico creado por Luz Darriba

Campaña 'Se trata de no + trata'.
Campaña 'Se trata de no + trata'.
'Cuestión de Xénero' é un proxecto artístico creado en 2008, que valeu coma peche visual do Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de persoas.
Chega 'Cuestión de Xénero', un proxecto artístico creado por Luz Darriba

Este sábado 25 de setembro dende as 9 da mañá até as 19 horas desenvolverase a intervención 'Cuestión de Xénero' na Alameda de Santiago de Compostela.

'Cuestión de Xénero' é un proxecto artístico creado por Luz Darriba, en 2008, que valeu coma peche visual do Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de persoas, organizado pola Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires. A obra consistiu en rodear a emblemática Praza de Maio con prendas de roupa femininas penduradasdos farois, nun número de 500, como demanda e homenaxe ás mulleres e as nenas desaparecidas polas mafias baixo o delito de explotación sexual.

Nesta ocasión replicarase a intervención con motivo da realización da semana 'Se trata de no + trata' organizada pola Rede de artistas, docentes, activistas feministas da Arxentina, do 23 ao 30 de setembro (o día 23 de setembro é o designado pola UNESCO coma Día Internacional contra o tráfico de mulleres e nenas para a súa explotación sexual).

Pódense deixar prendas femininas en préstamo na librería Lilith ou colaborando na montaxe da obra. @mundiario

Chega 'Cuestión de Xénero', un proxecto artístico creado por Luz Darriba
Comentarios