Informe do CES-Galicia sobre o grado de exposición da economía de Galicia ante o Brexit

Fernando González Laxe. / Xurxo Lobato
Fernando González Laxe. / Xurxo Lobato

En Galicia, o Brexit terá máis efecto cualitativo que cuantitativo. O profesor González Laxe apunta aos sectores textil e da pesca como os potencialmente máis afectados en términos cualitativos, xa que o que máis exporta Galicia a Reino Unido é roupa e o que máis importa de alí, peixe.

Informe do CES-Galicia sobre o grado de exposición da economía de Galicia ante o Brexit

En pleno proceso final de negociación da caída do Reino Unido da Unión Europea, o Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar o seu informe “Análise económica do grao de exposición da economía de Galicia ante o Brexit. Principais consideracións”, un exercicio de reflexión sobre os posibles escenarios que se presentan nunha contorna complexa e chea de incertidumes.

O informe presentouse na sede do organismo e o traballo recolle unha amplia reflexión sobre o grao de exposición de Galicia ante o Brexit e salienta os aspectos que resultan máis preocupantes para os distintos sectores e outros nos que será preciso estar atentos ao proceso negociador debido aos altos riscos que presentan.

Para a presentación, ademáis da presidenta do CES, Corina Porro, e do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o CES contou coa presencia do profesor Fernando González Laxe, da Universidade da Coruña, que liderou a equipa de redacción do estudio.

En termos políticos e económicos, o Brexit é unha negociación extremadamente complexa e completamente inédita. "Isto é, é complexa porque abarca unha ampla variedade de temas, políticas e acordos; e é inédita na medida que é a primeira ocasión en que un Estado membro da Unión Europea desexa abandonar a dita institución", suliña o estudo.

En Galicia, o Brexit terá máis efecto cualitativo que cuantitativo. En concreto, o profesor Fernando González Laxe, director do equipo encargado do estudo, apuntou aos sectores textil e da pesca como os potencialmente máis afectados en términos cualitativos, xa que o que máis exporta Galicia a Reino Unido é roupa e o que máis importa de alí, peixe. Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou por adoptar un papel "activo" para defender os intereses de Galicia ante o Brexit. @mundiario

Comentarios