Os cerqueiros non desbotan a posibilidade de mobilizacións

Sede de la Xunta de Galicia.
Sede da Xunta de Galicia. / Mundiario
A Xunta é quen debe exercer a súa acción para modificar todo aquilo que, agora mesmo e a xuizo do colectivo de pescadores,  máis está a "axudar" a desfacer a frota.
Os cerqueiros non desbotan a posibilidade de mobilizacións

​Máis do 90% da flota do cerco agarda -de momento en silencio- un pronunciamento oficial da Xunta, a través da Consellería do Mar, con respecto á súa proposta de establecer para este segmento da frota un cupo de 750 quilos de xurelo por tripulante e día en cada barco, co obxectivo de manter unha reserva que permita a todos vivir máis ou menos do traballo de pescar. Pero a Xunta -e por suposto a Consellería- calan. Só se sabe dun hipotético apoio da administración pesqueira galega a tal límite de capturas para a flota do cerco en augas das Zonas VIIIc e IXa. Pero tamén deixa claro que entende que tal proposta "exclúe a competencia" e "non demostra suficientemente que cumpre coas normas de competencia  requerida polo Regulamento UE 1379/2013 de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de produtos da pesca e a acuicultura".

A Xunta é quen debe exercer a súa acción para modificar todo aquilo que, agora mesmo e a xuizo do colectivo de pescadores,  máis está a "axudar" a desfacer a frota. Porque a frota, á vista está, perde efectivos cada día e isto repercute no sistema de vida de moitas familias que dependen da pesca para sobrevivir. E non é a Consellería do Mar quen máis se move a prol do cerco porque a Xunta está detrás dese silenzo que para nada satisfai ao sector pesqueiro.

Neste senso, a flota critica á consellería porque se coinsideran desamparados pola máxima autoridades neste eido en Galicia. E a Xunta cala, mallia saber de sobras que o sector non está satisfeito coa escasa atención que recibe. E, neste eido, tampouco contribúen os partidos con representación no Parlamento de Galicia, agás o BNG que, de cando en veces, pon as cartas riba da mesa para falar dun sector que esmorece e produce perdas importantes qwue os demáis semellan non querer ver.

Os cerqueiros non desbotan a posibilidade de mobilizacións para esixir unha respostas axeitada. E, dende un amarre da frota ata manifestacións nos portos e cidades galegas, están decididos a todo para salvar un dos eixos fundamentais da economía da nosa terra. @mundiario

Comentarios