Cegasal colabora con Sanidade para a inserción dos colectivos vulnerables

O acto celebrouse no CEGADI, en Santiago de Compostela
O acto celebrouse no CEGADI, en Santiago de Compostela. / Mundiario

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente da Asociación  Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, José Antonio Vázquez,  presentaron un proxecto a personal técnico dos eidos sanitario, empresarial e social.

Cegasal colabora con Sanidade para a inserción dos colectivos vulnerables

A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (Cegasal) e a Xunta de Galicia colaboran nun ambicioso proxecto para adaptar a inserción laboral das persoas con trastorno mental ao seu proceso terapéutico. A iniciativa foi presentada nunha xornada de traballo, cuxo acto inaugural no CEGADI foi presidido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire.

A xornada, que contou tamén coa presenza do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, ten como principal obxectivo recoller todas as achegas posibles do persoal técnico dos eidos sanitario, empresarial e social para elaborar, dende o Servizo Galego de Saúde, un proxecto para a mellora da empregabilidade das persoas con trastorno mental grave.

Na inauguración da sesión, José Antonio Vazquez Freire destacou a experiencia de Cegasal en dos proyectos pioneros orientados a personas con trastornos mentales graves: “Sementando Ilusións” e “Horneando o futuro”, no que colaboraron varios centros especiais de emprego cono Hornos Lamastelle e Dixardín. Vázquez Freire avogou por eliminar os estigmas que rodean ás persoas con discapacidade, "sobre todo no relacionado coa saúde mental" e explicou que o obxectivo primordial da asociación que preside é xerar emprego de calidade. Neste sentido, destacou que os centros especiais de emprego de iniciativa social - Cegasal conta con 32 en toda Galicia, en 14 tecidos produtivos- constitúen un escenario ideal para desenvolver este proxecto, “sempre en colaboración coa consellería de Sanidade e os clínicos que se ocupan da saúde mental”.

Pola súa banda, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego remarcou que, para a Xunta, este obxectivo de inserción laboral dentro da abordaxe da saúde mental non é novo e, ao respecto, remarcou que, neste ano, están concertadas máis de 900 prazas en centros de rehabilitación psicosocial e laboral para persoas con trastornos mentais a través do Sergas. “O noso obxectivo dentro do Plan de Saúde Mental 2020-2024 é incrementalas”, -incidiu o conselleiro-.

García Comesaña subliñou que o Plan de Saúde Mental contempla a recuperación e a integración social e laboral dos pacientes como unha das súas principais metas. Temos claro, -dixo o conselleiro-, “que a inserción laboral forma parte do proceso de recuperación destes pacientes e que debe ser prescrita e supervisada polos profesionais como parte da súa terapia”. Para o máximo responsable do Sergas, este programa será “un punto de encontro entre dúas estratexias paralelas da Xunta”, dende o eido sanitario do Plan de Saúde Mental; e dende o eido laboral do Plan Emprega Discapacidade e exclusión social.

O departamento sanitario da Xunta quere levar a cabo este proxecto con Cegasal, -incidiu o conselleiro no acto de inaguración-, “con algúns obxectivos que poden axudarnos na tarefa de ofrecerlle a estas persoas un proceso de inserción laboral progresivo”. En primeiro lugar, “temos que identificar ás persoas con problemas de saúde mental con máis dificultades para a inserción laboral plena e priorizar ás que xa están incluídas en procesos de rehabilitación psiquiátrica”. Con estas persoas, “realizaranse prácticas prelaborais nos centros especiais de emprego, coordinando aos responsables destas prácticas coa familia e o entorno do paciente e cos seus profesionais de referencia”, concluíu o conselleiro. @mundiario

Comentarios