Gerardo Fernández Albor, un centenario sempre político en todas as súas facianas

Gerardo Fernández Albor, primer presidente autonómico de Galicia. / @ppdegalicia
Gerardo Fernández Albor, primer presidente autonómico de Galicia. / @ppdegalicia

O presidente Albor non foi un médico metido a político, senón un centenario, político en todas as múltiples actividades que emprendeu.

Gerardo Fernández Albor, un centenario sempre político en todas as súas facianas

Aquela saída por pés logo do afeite dos bigodes do 23-F levou a Felipe González ao poder e ás “nacionalidades históricas” a un galeguismo vendido como unha pócima máxica, a “realidade galega”. Eran tempos de importacións a fórceps, tanto pola dereita como pola esquerda, por exceso ou por defecto. Toda unha trágala para saír do fondo daquel pesadelo que padecemos 40 anos.

O caso é que Albor atou canto foi preciso e só caiu ao pisar unha trapela do transfuguismo.

O doutor, a quen coñecín profesionalmente e disfrutei do seu “sentidito”, actuou indefectibelmente como un político, desde a idade da razón.

Como médico-ciruxano.

Como piloto de caza, instruido na Luftwaffe, aunque , díxome,“non derribei nin un Spitfire”.

Como agradábel tertuliano de brillante retranca.

Até como testemuño da lonxevidade progresiva, racialmente dos galegos.

Non, Gerardo Fernández Albor –sen prexuízo da ideoloxía– ratificou a irrefutábel sentencia de que “ a política é a arte do posibel”, ou non é unha política política. @mundiario

Comentarios