Buscar

Cata de viños galegos e entronización de novos irmandiños no mosteiro de Carboeiro

O capítulo correspondente ao equinoccio de outono, por indicación do irmandiño José Maril, terá lugar no Mosteiro de Carboeiro, con cata e xuramento de novos irmandiños para despois ter un xantar na Casa Grande de Fuentemayor. 

Cata de viños galegos e entronización de novos irmandiños no mosteiro de Carboeiro
José Maril Sánchez. / Mundiario
José Maril Sánchez. / Mundiario

Firma

Xoán Dou

Xoán Dou

El autor, XOÁN DOU, es colaborador de MUNDIARIO, donde analiza la actualidad. @mundiario

A Irmandade dos Viños Galegos e unha confraría integrada por homes dispostos a loitar pola fama e honra dos viños galegos, confabulados para amar, fabular, querer, respectar e difundir os bos e xenerosos viños galegos das súas cinco denominacións de orixe. Reúnense en cónclave, nos mosteiros, castelos, pazos ou monumentos máis históricos de Galicia, coincidindo  cos solsticios e equinoccios, para catar comentadamente os viños elixidos de cada comarca e momento, formular as súas obxeccións e proceder a continuación  ao ritual de ingreso de novos irmandiños.

Precisamente este sábado, día 29 de setembro, debidamente fardados, celebra o capítulo correspondente ao equinoccio de outono que,  por indicación do irmandiño José Maril, terá lugar no Mosteiro de Carboeiro, con cata e xuramento de novos irmandiños para despois ter un aperitivo e xantar na Casa Grande de Fuentemayor, en Silleda (Pontevedra). 

A cata

Os viños a catar nesta ocasión estarán nas dependencias monacais, hoxe dedicadas a museo e  serán:

> Como brancos:  La Mar, monovarietal caíño branco da D. O. Rías Baixas; La Trucha, roble vendimia tardía, monovarietal albariño, da D.O. Rías Baixas; Emilio Rojo, polivarietal de treixadura e lado da D.O. Ribeiro. Sin Palabras, monovarietal da subzona do Ulla dentro da D.O. Rias Baixas. Procedente da Comarca do Deza.  

> Como tintos: Quinta da Peza, polivarietal de mencía, tempranillo e merenzao, da D.O. Valdeorras; e Joaquín Yañez, da D. O. Ribeiro.  

A entronización  consiste no ritual de ingreso de novos irmandiños, previamente aprobados polo Sanedrín ou Corte Suprema os cales reciben  no acto de ingreso o espaldarazo por medio de espada toledana do seu preboste, Nemesio Barxa. Terá lugar na igrexa conventual. @mundiario