Buscar

Carsten Moser e Ramón Jáuregui, na I Conversa Iberoamericana

Ramón Jáuregui e Carsten Moser, presidente e vicepresidente da Fundación Euroamérica, respectivamente, foron convidados pola Cátedra Iberoamericana da USC.
Carsten Moser e Ramón Jáuregui, na I Conversa Iberoamericana
O economista alemán Carsten Moser. / Mundiario
O economista alemán Carsten Moser. / Mundiario

Redacción

Análisis de @mundiario

Este mércores 7 de outubro do 2020 ás 16.00 horas (hora de España) terá lugar o webinar: I Conversa Iberoamericana coa presenza de Ramón Jáuregui e Carsten Moser, presidente e vicepresidente da Fundación Euroamérica, que, convidados pola Cátedra Iberoamericana falarán sobre A UE e América Latina despois da Covid-19. 

A conversa, cunha duración de 40 minutos, dará paso a unha quenda de preguntas e intervencións por parte dos asistentes.

A reunión realizarase a través da plataforma Teams. Pode clicarse neste vínculo para acceder directamente á sesión I Conversación Iberoamericana: La UE y América Latina tras la COVID-1

Hai  dúas opcións para unirse á plataforma: 1) directamente, si xa é usuario, e 2) se non é usuario de Teams ao premer no enlace accede á reunión elixindo a opción: unirse a internet no seu lugar. As preguntas ou comentarios dos asistentes faranse a través do chat habilitado para tal fin, por escrito. @mundiario