Cara e cruz de Rosa Quintana como conselleira do Mar

Rosa Quintana. / Mundiario
Rosa Quintana. / Mundiario

Repite no cargo e á vista das reaccións suscitadas semella que en Galicia existen dous sectores na pesca.

Cara e cruz de Rosa Quintana como conselleira do Mar
O Goberno da Xunta está novamente constituido, após a celebración das últimas eleccións autonómicas que deron a Alberto Núñez Feijóo unha nova maioría. Por esta, Núñez Feijóo ten de novo o poder de nomear os membros do seu gabinete, desta vez con dous cambios e repetindo na Consellería do Mar como responsable máximo deste departamento, Rosa Quintana Carballo, no mesmo cargo dende outubro de 2009.

Se para a pesca industrial representada por ARVI o feito de que Rosa Quintana repita unha vez máis na Consellería do Mar (ou, no seu día na de Pesca, que ven ser o mesmo) é un "piar de estabillidade nestes momento tan complexos para o sector", precísamente é o sector maioritariamente de baixura ou artesanal o que máis tachas pon, e xa o fai dende vai tempo, ó seu labor á fronte dun departamento que ten que ver moi directamente coa maioría de barcos e tripulantes do sector pesqueiro galego.

Confrarías de pescadores, organizacións de pesca de baixura -cerco, arrastre, artes menores, etc.- son as máis críticas co traballo realizado ata o de agora por quen, sen dúbida por anos na vida pública desempeñando tarefas vencelladas ao mar  e por curriculum como conselleira de Pesca (dende hai uns anos "de Mar") e as que máis se queixan -xunto cos partidos da oposición no Parlamento de Galicia- dun certo desleixo perceptible na tarefa de Quintana Carballo especialmente durante o mandado de Núñez Feijóo.

Formulado así, semella que en Galicia existen dous sectores -polo menos- da pesca. A Asociación de Armadores do Porto de Vigo (ARVI) afirma que "la reciente reelección de Rosa Quintana como conselleira de Mar de la Xunta de Galicia -de quien de sobra son conocidos la capacidad de diálogo con el sector, su amplio conocimiento del mismo y su disponibilidad para abordar las distintas problemáticas que rodean al complejo Mar-Industria- ha sido considerada por ARVI como un pilar de estabilidad en estos momentos tan complejos para el sector, que viene capeando las dificultades derivadas de la pandemia de la Covid-19, el incierto resultado del Brexit, los nuevos enfoques incorporados en la política comunitaria, entre otros muchos retos que se avecinan. En esta nueva singladura, desde ARVI deseamos a la conselleira todos los éxitos posibles al frente del barco de la pesca gallega, extensivos a todo su equipo".

Para o resto da frota pesqueira, que se integra no máis de medio cento de confrarías de pescadores desta comunidade autónoma, asociacións de armadores de cerco como ACERGA e outras de menor entidade pero asimesmo grandes valores da pesca tradicional de Galicia, a tarefa desempeñada por Rosa Quintana á fronte da Consellería do Mar (como antes da de Pesca) non tivo a eficacia que o sector demanda e precisa, o que non quere dicir que fixeran nada por variar a estrutura na que a propia Rosa Quintana é, para a Xunta, un punto básico na economía pesqueira, algo que a maior parte dos mariñeiros galegos non recoñece libremente. Pero é precísamente destes segmentos de frota de onde saen os votos que dan ao partido que apoia ó Goberno a maioría que o sustenta.

A da pesca galega é unha sinfonía inacabada, en gran medida enfrontada e contraditoria, que non acada dar unha imaxe unitaria en siquera para opinar ou enxuiciar a tarefa de que volve seguir ó fronte dunha consellería que é vital para un país, Galicia, sumamente dependente da Pesca e dos órganos que a representan dentro e fóra do Estado español.

Rosa Quintana Carballo, nada en Venezuela hai 61 anos, é licenciada e doutorada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago. Funcionaria da Consellería de Pesca dende 1987, en 1989 asjume a responsabilidade da Inspección Pesqueira. Nomeada xefa do servizo de Marisqueo en 1992, cinco anos máis tarde asume  a delegación territorial en Vigo da devandita consellería. En 2001, foi nomeada directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. En marzo de 2009 é nomeada conselleira do Mar -con Medio Rural ata o 29015 e, a partires deste ano, novamente conselleira do Mar. @mundiario

Comentarios