Buscar

As candorcas deixan en evidencia a escasa previsión sobre o estado da pesqueira do bonito

Dende a antigüidade, a cultura occidental considera a candorca un animal "feroz e perigoso", sen que realmente exista documentación ao respecto que confirme tal apreciación.
As candorcas deixan en evidencia a escasa previsión sobre o estado da pesqueira do bonito
Candorca. / Wikimedia Commons
Candorca. / Wikimedia Commons

Antón Luaces

Periodista.

As  candorcas -ao igual que as quenllas- levan tras sí unha vella historia de "asasinas" que, ao dicir de biólogos máis que recoñecidos, para nada ten que ver coa realidade. Unha ou varias familias de candorcas levan un par de semana en augas galegas onde, ao parecer, a abundancia de atún -actualmente prohibida e súa captura en augas comunitarias e nas relativas á organización ICCAT- é o principal motivo desta longa estadía non só da candorca senon tamén doutros tipos de golfiños e mesmo balea azul.

A candorca é un cetáceo pertencente á familia dos golfiños -non das baleas nen as quenllas- que se pode visualizar en todos os oceános do planeta. É a especie máis grande dos golfiños e a única existente actual recoñecida dentro do xénero orcinus. Como característica distintiva posúe unha aleta dorsal moi longa que pode chegar a medir case 2 metros de longa nos machos. Presenta unha coloración branca e negra moi peculiar e exclusiva en cada indivíduo. As femias son máis pequenas cos machos e teñen unha aleta dorsal máis curta que estes, pesan aproximadamente 4 toneladas e a súa lonxitude é de pouco menos de 8 metros, mentras que os machos adultos poden acadar un peso de case 6 toneladas e medir ata 9 metros de lonxitude. 

Forman estruturas socais complexas. Organízanse en grupos matrilineais (descendencia definida pola liña materna), e para facilitar a socialización empregan un sofisticado método de comunicación. Hai varios tipos de candorcas nos hemisferios norte e sur que teñen diferenzas xenéticas, morfolóxicas, comportamentais e alimentarias que, ás veces, fan que se consideren especies diferentes. Teñen unha combinación de forza, velocidade e intelixencia que as convirte nos depredadores máis versátiles. A súa dieta cotián son os peixes, as luras e os mamíferos mariños (no seu historial non aparecen ataques a seres humanos, nen tampouco partes dos lemes dos veleiros ós que, segundo informan algúns medios, "atacan" durante a súa navegación).  Sí existen, sin embargo, datos sobre o ataque de candorcas a grandes quenllas brancas en augas do Pacífico, fronte a San Francisco.

Dende a antigüidade, a cultura occidental considera a candorca un animal "feroz e perigoso", sen que realmente exista documentación ao respecto que confirme tal apreciación. O máis acreditado é o "xogo" cos lemes dos veleiros, cos que teóricamente practican, ademáis, como se fosen os mamíferos mariños dos que se alimentan, o que fai pensar que nas recentes interaccións en augas galegas fosen precísamente exemplares novos -de pouca idade- os que estableceron ou tentaron establecer eses contactos coas embarcacións. Por este motivo os navegantes oceánicos recomendan non se achegar cos barcos ás candorcas e, en calquera caso, non empregar o leme (timón) do veleiro porque, deste xeito, non chamarán a atención dos cetáceos.

O pior de todo, dende  o punto de vista dos pescadores galegos, é que as candorcas deixan en evidencia a escasa previsión sobre o estado da pesqueira do bonito, á que puxeron fin por -segundo as autoridades pesqueiras comunitarias- ter esgotado o cupo  asignado a España (habendo como hai un claro excedente de túnidos). @mundiario