O candidato do PSdG a Alcaldía: “Santiago ten que recuperar o norte”

Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela. / CRTVG
Xosé A. Sánchez Bugallo, candidato do PSdG a alcaldía de Santiago de Compostela. / CRTVG

Criticou a xestión do actual  alcalde, Martiño Noriega, en materia de cultura ou vivenda, e sinalou que “Santiago xa non é referencia en nada”.

O candidato do PSdG a Alcaldía: “Santiago ten que recuperar o norte”

Hoxe visitou o Bos Días da Televisión de Galicia, Xosé A. Sánchez Bugallo, candidato do PSdG a alcaldía de Santiago de Compostela. Durante a conversa con Marcos Sueiro manifestou en primeiro lugar que está profundamente desgustado coa marcha que leva Santiago, “con catro anos de destrución e tres anos nos que a cidade está no limbo”. O ex alcalde criticou a xestión do actual  alcalde, Martiño Noriega, en materia de cultura ou vivenda, e sinalou que “Santiago xa non é referencia en nada e é necesario que recupere o norte”.

Bugallo incidiu en que “os problemas que existen na cidade son exactamente os mesmos que existían hai sete anos, non se resolveu nada”. Con respecto dos posibles pactos de goberno, o candidato do PSdeG sinalou que no caso de gañar buscará os apoios para garantir a gobernabilidade, e destacou que “a priori non exclúo a ningún partido”. Bugallo tamén deixou claro que o alcalde será a lista máis votada e afirmou que “se Noriega logra a lista máis votada respectaremos a vontade dos electores e será o alcalde”.

Durante a entrevista Bugallo tamén se referiu os conflitos internos de partido, dos que dixo que “é imprescindible entender que pode haber debate ou conflito, pero ao día seguinte ten que haber paz. Iso non se produciu nas últimas primarias locais”. Tamén recoñeceu que o PSOE fixera moitas cousas mal,” e recibiu castigo electoral”. 

Con relación o seu proxecto para esta lexislatura, Bugallo argumentou que “será un proxecto para unha década”, centrado nos anos santos de 2021 e 2027, “que ten que liderar o Concello”. Preguntado pola candidatura na cidade da Coruña, Bugallo afirmou que Fernando González-Laxe sería o mellor candidato posible, “un luxo para o partido e para a cidade”. @GaliciaMundiari

Comentarios