Candia califica de "propia dun circo" a situación do PSOE de Lugo

A presidenta do PP de Lugo durante a entrevista concedida á TVG. / CRTVG
A presidenta do PP de Lugo durante a entrevista concedida á TVG. / CRTVG

A presidenta do PP de Lugo denunciou que a crise de partido do PSOE lucense está afectando á deputación.

Candia califica de "propia dun circo" a situación do PSOE de Lugo

Elena Candia, presidenta do Partido Popular de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, calificou de “indigna e propia dun circo” a crise que está a vivir actualmente o PSOE lucense durante unha entrevista concedida recentemente ao programa "Bos Días" da Televisión de Galicia. Candia facía referencia á situación do PSOE de Lugo tras a expulsión de Manuel Martínez.

A presidenta do PP de Lugo valorou a situación da deputación, e sinalou que os socialistas lucenses “nunca tiveron entendemento, só para a moción de censura” e que “viven nunha crise de partido eterna”. Aínda que recoñeceu que os problemas internos poden existir en calquera partido, manifestou que “non ían consentir que se trasladen á deputación ou a outras institucións". Tamén, achacou ás discrepancias dentro do partido o feito de que “tres residencias seguen sen abrir pese a estaren preparadas e investir nelas máis de 12 millóns de euros”.

Sobre a expulsión de Manuel Martínez e as acusacións de “intereses económicos detrás das residencias”, Candia declarou que non ten información ou probas sobre o tema. Tamén quixo desmentir o suposto achegamento entre Martínez e o Partido Popular, sinalando que “o seu voto na liña do PSOE foi innecesario pola abstención do BNG”: @galiciamundiari

Comentarios