O Campus FP de Vigo, un proxecto pioneiro a nivel español

Feijóo durante a presentación do proxecto. / Xunta de Galicia
Feijóo, durante a presentación do proxecto. / Xunta de Galicia

A iniciativa, que parte da Xunta, garante o seu compromiso cunha formación profesional que sexa sinónimo de innovación, de emprendemento e de emprego

O Campus FP de Vigo, un proxecto pioneiro a nivel español

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este martes a creación do Campus FP de Vigo, un proxecto pioneiro a nivel español que servirá de ponte entre o sistema educativo e o sector industrial, e de referencia para outras iniciativas de mellora da formación profesional.

Feijóo avanzou que o núcleo deste campus, cuxa previsión é estar rematado a finais de 2020, será bautizado como FP Hub, un centro de innovación e emprendemento que servirá de corazón e sistema circulatorio para os 16 centros que ofrecen formación profesional na comarca de Vigo.

O centro contará con dúas áreas: a primeira, de investigación e innovación, encargada de desenvolver proxectos de I+D+i, identificar as necesidades do mercado laboral da comarca de Vigo e tramitar as patentes que se orixinen na FP viguesa. E, a segunda área, de emprendemento, incluirá un viveiro de empresas industriais, que facilitará e acompañará o nacemento de novas iniciativas empresariais.

O obxectivo principal do proxecto é que a mocidade da comarca e do resto de Galicia atope un posto de traballo no tecido produtivo emprazado na zona, polo a oferta formativa será "de calidade, coordinada e axeitada ás necesidades da economía". Á súa vez, isto permitirá que o pulmón vigués siga impulsando o crecemento industrial de Galicia.

A iniciativa partirá da colaboración entre a Xunta, a Universidade de Vigo (UVIGO), os centros de investigación tecnolóxica da comarca, os colectivos empresariais, e, sobre todo, o Consorcio da Zona Franca, un socio prioritario e necesario que exercerá de nexo entre os centros formativos e o tecido produtivo. @galiciamundiari

Comentarios