O nacionalismo galego volve ao Congreso e o BNG evita que Vox teña escano por Galicia

Ana Pontón. / Mundiario
Ana Pontón. / Mundiario
Ademais da vitoria do PP –empatado a escanos co PSdeG-PSOE–, a outra gran novidade da repetición electoral en Galicia é, xa que logo, que o nacionalismo galego regresa ao Congreso. Desde Madrid, Sánchez fixo un chamamento a "todos os partidos" para desbloquear a formación de Goberno.
O nacionalismo galego volve ao Congreso e o BNG evita que Vox teña escano por Galicia

Este 10-N, o BNG de Ana Pontón devolveu o nacionalismo galego ao Congreso do Deputados e evitou que Vox teña un escano por Galicia. Ademais da vitoria do PP –empatado a escanos co PSdeG-PSOE–, a outra gran novidade da repetición electoral en Galicia é, xa que logo, que o nacionalismo galego regresa ao Congreso.

Despois de que ningún deputado soberanista lograse acta en abril debido á ruptura da marca galega de Podemos –Galicia en Común– co partido nacionalista de Xosé Manuel Beiras –Anova–, o BNG obtén un escano pola Coruña cunha campaña na que acusou a Unidas Podemos de non defender os intereses de Galicia en Madrid.

Desde Madrid, Pedro Sánchez fixo un chamamento a "todos os partidos" para desbloquear a formación de Goberno en España. "Gustaríame facer unha chamada ao resto de partidos políticos porque teñen que actuar con xenerosidade e responsabilidade para desbloquear a situación política en España. O PSOE tamén actuará con xenerosidade e responsabilidade para desbloqueala", dixo o líder do PSOE, Pedro Sánchez. O certo é que tralo 10-N, ningún dos bloques logra unha maioría clara para gobernar, porque o PSOE gañou as eleccións xerais en España pero con tres escanos menos que no 28-A. Na comparecencia de Sánchez houbo gritos de "con Casado, non" e "presidente, presidente". Sánchez deixa fóra aos que considera alleos ao pacto constitucional, o que parece excluír a Vox.

Pedro Sánchez obtén 120 escanos (fronte a 123 do 28-A); os populares de Pablo Casado pasan de 66 a 87 escanos, Unidas Podemos, polo seu lado, obtén 35 asentos xunto ás súas marcas asociadas, fronte aos 42 de agora, e a formación de Albert Rivera quédase con só 10 deputados, menos dunha quinta parte dos 57 de abril. Albert Rivera asumiu a responsabilidade polo descalabro da súa formación e convocou un congreso extraordinario de Cidadáns, pero non dimitiu.

Pola súa banda, o PP subiu con forza e Unidas Podemos se debilita, á vez que Cidadáns sofre un forte castigo electoral. Vox catapúltase como a terceira forza do Congreso, tralos segundos comicios legislativos de 2019 celebrados este domingo. A forza utraderechista de Santiago Abascal dispárase ata os 52 escanos, partindo de 24.

O PP recupera terreo –pasa de 66 a 87 escanos–, pero Vox dispútalle xa algúns dos seus vellos feudos electorais. É verdade que os populares logran mellorar a súa presenza no Congreso pero Cidadáns, o seu socio preferente, esborrállase e Santiago Abascal, á fronte de Vox, supéralle en Murcia e Andalucía. @mundiario

Comentarios