Buscar

A biomasa non é unha alternativa ao carbón nas centrais térmicas

As renovables non so sirven para utilizar recursos propios, lograr a descarbonización e diminuir as importacións enerxéticas senon tamén  de forma notable para  evitar contaminantes e mellorar a calidade do aire.
A biomasa non é unha alternativa ao carbón nas centrais térmicas
Central térmica de As Pontes.
Central térmica de As Pontes.

Un informe da Axencia Europea do Medio Ambiente, de decembro do 2019, titulado “Enerxía renovable en Europa: clave para os obxectivos climáticos, pero a contaminación do aire necesita atención”, informanos da situación actual  respecto da enerxía renovable. Afirma que coa demanda enerxética actual,  as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro, GEI, serían un 11% mais altas  sin os aforros  da enerxía renovable .  Alemaña, Italia e Inglaterra foron os países  onde se deron maiores reducións absolutas no uso domestico de combustibles fósiles e emisións no 2018, pero foi Dinamarca, Finlandia e Suecia onde a porcentaxe de enerxía renovable aumentou máis rapidamente dende o 2005. As estimacións  apuntan a que a proporción de enerxía procedente de fontes renovables situouse no 18% do consumo final bruto de enerxía no 2018, o dobre que no 2005 e espera que se confirme  o obxectivo do 20% de enerxía renovable no 2020.

Tamén destaca que dende 2005 a substitución de combustibles fósiles por enerxía  renovable en toda a UE levou consigo a caída da contaminación en dióxido de xofre (SO2) nun 7% , asi como menor contaminación en óxidos de nitróxeno (NOx).  Polo contrario as partículas (PM) directamente liberadas ao aire  e as emisións de Compostos Orgánicos Volátiles (COV) aumentaron debido  ao aumento da utilización da biomasa desde 2005. Aumentaron  un 11% por esta causa  as Partículas finas, PM2.5, prexudiciais para a saúde  e responsables de problemas cardiorrespiratorios, ictus...  e aumentaron nun 7% as Partículas grandes, PM10,  relacionadas con problemas de bronquios, asma..., mentres os   COV relacionadas co algúns tipos de cancro humano e problemas ambientais fixérono nun 4%.. 

As tecnoloxías como a enerxía eólica terrestre ou mariña, a solar fotovoltaica ou térmica , a enerxía xeotérmica... reducen contaminantes no aire  como  dióxido de carbono, dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno, partículas... pero cando se queima biomasa reemplazando a combustión de carbón ou petróleo  observan un aumento relativo de partículas (PM10 e PM2,5)  e COV como comprobaron en Croacia, Grecia ou Portugal.

Na actualidade a enerxía renovable varia dentro dos países da UE dende máis do 30% do consumo bruto  final de enerxía en Austria, Finlandia, Dinamarca, Letonia ou Suecia ate o 10% ou menos en Bélxica, Chipre, Luxemburgo, Malta e os Países Baixos. En Europa no transporte as enerxías renovables representan so o 8% da enerxía utilizada (grazas aos biocoumbustibles). Pero máis do 30% de toda a electricidade consumida no 2018 orixinouse a partir de renovables e o 20%  de toda a calefacción . A biomasa subministra o 80% de toda a calefacción renovable.

En defintiva, as renovables non so sirven para utilizar recursos propios, lograr a descarbonización e diminuir as importacións enerxéticas senon tamén  de forma notable para  evitar contaminantes e mellorar a calidade do aire  e a nosa saúde. Pero non todas as renovables son iguais nestes últimos aspectos. A biomasa (por non citar xa os lodos, moito peores) non é  nin pode ser unha alternativa ao carbón nas Centrais Térmicas. @mundiario