Buscar

Barreiro explica que a súa saída da Xunta se debera a que traizoou a confianza de Albor

Debeuse a un reproche á iniciativa de Gerardo Fernández Albor diante de todos e “cómpre separala da moción de censura, que veu moito despois”, segundo matizou o ex vicepresidente do Goberno galego.

Barreiro explica que a súa saída da Xunta se debera a que traizoou a confianza de Albor
Xosé Luís Barreiro na TVG. / Mundiario
Xosé Luís Barreiro na TVG. / Mundiario

Firma

Redacción

Redacción

Análisis de la Redacción de MUNDIARIO. Síguenos en Twitter @mundiario

Xosé Luís Barreiro Rivas, ex vicepresidente da Xunta co finado Gerardo Fernández Albor, aclarou na TVG a súa saída do Goberno galego, que, segundo explicou, se debera a que traizoou a confianza de Fernández Albor nunha mesa de goberno. Barreiro comentou que esta saída do Goberno, que se debeu a un reproche á iniciativa de Albor diante de todos, “cómpre separala da moción de censura, que veu moito despois”.

Este venres, Xosé Luís Barreiro Rivas estivo no programa “Bos Días” da Televisión de Galicia. O agora profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago centrouse na figura de Fernández Albor, o primeiro presidente da Xunta de Galicia, falecido esta semana.

Durante a conversa, Barreiro Rivas sinalou o “galeguismo conservador” de Fernández Albor e destacou “o seu labor na cimentación da actual autonomía galega”. Tamén resaltou “a súa concepción idílica da política” e que “era incapaz de non formular a política en termos persoais”. Sobre a súa relación, Barreiro Rivas sinalou que “aínda que éramos moi diferentes, sempre nos complementábamos”.

Para rematar, Barreiro Rivas lembrou o labor que compartiron para gañar as primeiras eleccións e para erguer unha autonomía histórica e dixo que “esta autonomía está máis sinalada pola obra da primeira lexislatura que por calquera das restantes”. @mundiario