As axudas europeas e as propostas da Xunta

Banderas de Europa. / AIREF
Bandeiras de Europa. / AIREF
Compre certa humildade á hora de determinar que sectores ou industrias van ser os campions e non determinalos de antemán.
As axudas europeas e as propostas da Xunta

Parece que a Unión Euopea decidiu adicar boa parte das  axudas previstas para atender ás consecuencias económicas da Covid-19 a facer política industrial, en especial ao que se refire a dixitalización e medioambente. Ë unha aposta claramente política por consolidar un área de intervención  máis no marco das institucións europeas. Recordemos que o modelo polo que se optou  á hora de deseñar o proceso de construcción europea foi o de primar  a integración económica antes que a política, para que esta última viñese de seu como consecuencia lóxica da unificación económica. O digo porque ben se puido optar como criterios á hora de asignar os fondos a criterios sanitarios, de infraestructuras ou de política social, por exemplo. Sería interesante tamén saber cales van ser os sectores que van ser beneficiados polos reparto dos fondos e cal é a súa vinculación co Consello Europeo, pero isto quedará para ulteriores artigos en MUNDIARIO.

O certo é que eses foron os criterios e a Xunta, moi dilixentemente por certo, fixo propostas solventes e  detalladas en colaboración con actores privados en principio ben coñecedores no só  das necesidades industriais do país senon da forma adecuada de levalas a cabo e de rentabilizalas posterioremente. Nada que obxectar nin a colaboración público-privada nen as propostas en sí. Polo publicado parece que han primar o desenvolvemento agrícola, facilitando 250.000 héctareas para novos cultivos, o aproveitamento  industrial da madeira e o monte galego  a través da creación de fábricas de fibra téxtil e de plantas de biogás (agardemos que sexan de nova xeración e non sexan tan electrointensivas como muitas das industrias que por desgraza están a desaparecer na nosa terra). Tampouco nada en principio que obxetar dado que son propostas acaídas a realidade industrial galega ,e que de facerse ben poderían contribuir a mitigar muitos dos problemas que a desindustrialización está a ocasionar en muitas comarcas galegas.

O problema é outro é ten que ver coa propria realidade do que é a política industrial. Esta aquí e en todas partes decide primeiro que sectores son os que hai que promover e, segundo as zonas xeográficas nas que se han desenvolver as actividades: O problema tanto para a UE como para a Xunta non é tanto escoller os sectores como acertar e non é tanto dotar de fondos ou infraestructuras como facer que estes continuen a funcionar unha vez rematada a axuda. Xa temos demasiada experiencia en empresas que reciben grandes subvencións e cando estas rematan ou non ven o beneficio fechan como para non aprender da experiencia.

Eu lembro, xa fai perto de trinta anos, un acto académico no que se discutía sobre cal ía ser o futuro industrial da Galiza dentro de trinta anos, ou sexa hoxe. Os cualificados e moi intelixentes expertos falaban de cerámicas, biotecnoloxías e outras industrias de punta como o futuro: creo lembrar que alguén preguntou polo téxtil e respostouselle que na Galiza non tiña futuro algún pois sería algo que farían os chineses ou os indios. Ningún dos sectores que se preveían punteiros, salvo algunha excepción, acadou gran relevancia, e sectores teóricamente atrasados foron quen non só de apaptarse senon de ser inovadores ou como se di agora disruptivos.

Compre por tanto certa humildade á hora de determinar que sectores ou industrias van ser os campions e non determinalos de antemán.  A industria da nosa terra non ten porque ser necesariamente punteira, as veces basta con reformular e inovar nunha industria xa madura. Pero esta pretensión de de poder anticipar o futuro non é nova e é máis culpa da UE que non de Galiza, son eles os que unha e outra vez non aprenden.  

Ainda hoxe estiven lendo sobre o fracaso do hovercraft e da locomoción por monorrail que se pretendían como transportes do futuro. Porque non temos en conta estes fracasos e somos un pouco máis cautos á hora de querer deseñar o futuro industrial. @mundiario

Comentarios