Buscar

Aumento de casos de parotidite (papeiras) en alumnado de facultades do campus de Santiago

A parotidite é unha enfermidade contaxiosa. Para evitar a súa difusión as persoas con parotidite non deben acudir ao seu centro académico ou traballo ou a outro tipo actividade común (deportiva, etc.) nos 5 días seguintes ao comezo dos síntomas.
Aumento de casos de parotidite (papeiras) en alumnado de facultades do campus de Santiago
Imaxe do Campus Sur da USC tomada desde a Alameda de Santiago. / USC
Imaxe do Campus Sur da USC tomada desde a Alameda de Santiago. / USC

Firma

Redacción

Redacción

Análisis de la Redacción de MUNDIARIO. Síguenos en Twitter @mundiario

A xefatura territorial de Sanidade da Coruña informa de que está a detectarse un aumento de casos de parotidite (papeiras) en alumnado de facultades do campus de Santiago, colexios maiores e residencias de estudantes desa cidade. Por isto, informa das medidas a adoptar para previr a extensión da enfermidade.

A parotidite é unha enfermidade contaxiosa. Para evitar a súa difusión as persoas con parotidite non deben acudir ao seu centro académico ou traballo ou a outro tipo actividade común (deportiva, etc.) nos 5 días seguintes ao comezo dos síntomas.

A vacina trivírica ou tripla vírica é unha vacina contra o sarampelo, rubéola e parotidite que figura no calendario vacinal galego dende 1981. A meirande parte dos alumnos das facultades  segundo a súa idade deberían ter postas 2 dose de vacina trivírica.

As persoas que teñen entre 18 e 24 anos compre que revisen á súa cartilla de vacinación. A vacina trivírica pode aparecer rexistrada na cartilla vacinal como: TV ou SRP ou MMR. Recoméndase a vacinación coa vacina trivírica, segundo o seguinte criterio: 1) se unha persoa xa recibiu 2 dose de vacina trivírica, non compre facer nada; 2) se só ten constancia de recibir unha dose de vacina trivírica, é aconsellable que lle administren outra dose no seu centro de saúde. O intervalo entre ambas debe ser de polo menos de 1 mes; 3) se non ten constancia de recibir ningunha dose de vacina trivírica ou non o lembra, é aconsellable que lle administren 2 dose separadas polo menos 1 mes no seu centro de saúde, e 4)  se xa pasou a parotidite non compre facer nada.

Aconséllase que as mulleres que reciban esta vacina non queden embarazadas no seguinte mes. Se unha muller xa está embarazada non debe vacinarse con esta vacina. @mundiario