O atraso tecnolóxico de Galicia é a grande pexa para o seu benestar social

Quinto Premio del XIII Concurso Internacional de Humor Gráfico sobre Nuevas Tecnologías. /  Helder Teixeira Peleja, Portugal
Quinto Premio del XIII Concurso Internacional de Humor Gráfico sobre Nuevas Tecnologías. / Helder Teixeira Peleja, Portugal
Sen I+D+i non hai desenvolvemento sostíbel nin posibilidade dun país xusto e pendente dos coidados. Sen I+D+i non hai benestar nin prosperidade posíbeis. Pero Galicia investe só o 0,89% do PIB en I+D+i, a décima entre as 17 comunidades autónomas do Estado español.
O atraso tecnolóxico de Galicia é a grande pexa para o seu benestar social
Galicia inviste só o 0,89% do seu PIB en I+D+i. Somos o territorio europeo nº 190, atrás de todo Portugal e nove CC.AA. do Estado. Non sempre foi así. Cando a política galega de innovación foi dirixida por nacionalistas galegos, no tempo do bipartito, investíamos o 1,04% PIB e mantiñamos un 10% máis de investigadores.

Non é casualidade que Galicia non sexa un dos territorios europeos máis abertos á Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). Ocupamos o 190 lugar, moi lonxe de Norte de Portugal e mesmo das demáis rexións portuguesas que están a vivir un proceso de potente aceleración tecnolóxica. Malia que eles contan con algunha desavantaxe fronte a nós (menos titulados superiores) están no mapa tecnolóxico europeo. Nós non.

A causa principal do noso atraso tecnolóxico é o desleixo ds nosos gobernantes. Investimos só o 0,89% do PIB en I+D+i, os décimos entre as 17 comunidades autónomas do Estado. Mais non sempre foi así. No 2008, canda o goberno de coalición BNG-PSOE, con Fernando Blanco de conselleiro, Salustiano Mato de director xeral e Xavier Alcalá de director da Oficina de Programas Internacionais de I+D investíamos  case 600 M€ fronte as 503 M€ actuais, o 1,04% do PIB daquela. Mantiñamos 10.100 investigadores fronte aos pouco máis de 9.300 actuais e fomos quen de chamar a algúns talentos emigrados. Quere dicir que unha outra política investigadora é posíbel. Velaí Portugal. Velaí Estonia e a súa aposta dixital dende 1991, cando só eran un pequeno e pobre país no Báltico.

 Mais non todo é cousa de cartos. O modelo galego (como ben observa un dos principais xestores de innovación galegos, Javier Alvárez Osuna) é reducionista, potenciando proxectos de baixo impacto e pequenos orzamentos, con moi baixa  capacidade tractora. É cousa cotíán que se tolee aos solicitantes mudando orzamentos e cronogramas. Nestas circunstancias son moi malos de acadar obxectivos de alto valor engadido. Tamén incorre Galicia en duplicidades na xestión e avaliación de axudas e nun exceso de burocracia e complexidade xustificativa dos investimentos.

O caso é que  o modelo a seguirmos non está lonxe. Porque o que cómpre construir é unha Axencia Galega de Investigación dirixida por bós xestores independentes, que se manteña á marxe das remudas políticas, cun financiamento estábel e garantido que permita atraer e reter o talento investigador. Como fan en Euskadi dende a Fundación Ikerbasque ou na Catalunya dende o ICREA catalán, que obtén o case o 57% de todos os fondos que o Consello Europeo de Investigación lle outorga a todo o Estado.

Sen I+D+i non hai desenvolvemento sostíbel nin posibilidade dun país xusto e pendente dos coidados. Sen I+D+i non hai benestar nin prosperidade posíbeis. @mundiario

Comentarios